Santiago, 07 de outubro de 2014.- O Partido Popular de Mariña lucense considera que os integrantes da Plataforma Sanitaria, conformada por PSOE e BNG e sindicatos afíns, son “os únicos na comarca” que din descoñecer o proxecto de ampliación do Hospital da Costa impulsado polo goberno que preside Alberto Núñez Feijóo.
Os populares lembran que as liñas mestras do Plan director para a ampliación do centro, presentado ante os traballadores o pasado 6 de outubro directamente pola conselleira de Sanidade Rocío Mosquera e o arquitecto encargado, establece un cronograma moi concreto para executar estas obras, e cada un dos pasos a seguir para renovar e ampliar as actuais instalacións e construír o novo parking.
2015: ANO CLAVE
Desde o Partido Popular sinalan que 2015 será un período clave para este proxecto xa que ao longo do vindeiro ano se presentará o Plan director actualmente en redacción, se licitará e adxudicará o proxecto construtivo e empezarán as obras.
Os populares que lembran os orzamentos da Xunta reservan unha partida dotada cun millón de euros para estes obxectivos, volven a insistir en que as obras se pagan despois de facerse e de aí que as consignacións máis cuantiosas se presupostarán ao final das mesmas. O proxecto de ampliación contempla 37 meses de execución, para actuar en 13.896 metros cadrados: 4.959 m2 en obras para novas superficies, 3.687 m2 para reformas, 5.250 m2 para no novo parking.
TERÍAN QUE PEDIR PERDÓN
Desde o Partido Popular volven a insistir que a Plataforma Sanitaria actúa ao ditado dos partidos políticos da oposición que a integran e, en consecuencia, sempre están en contra de todo, porque nunca creron no Hospital da Costa: co discurso do medo dando por feito o seu falso peche e agora poñendo en dúbida os proxectos de mellora impulsados pola Xunta. Insisten en que, por esta actitude obstrucionista e desconfiada terían que pedir perdón aos veciños da comarca.


















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



