Santiago, 7 de novembro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou que os populares galegos defenden e demandan que a Corporación Pública da Radio Televisión Española (RTVE) reconsidere o cese de emisión de Radio Exterior de España a través da onda curta, e así o reclaman nunha iniciativa rexistrada no Parlamento de Galicia.
Desde o pasado 15 de outubro, miles de tripulantes galegos das embarcacións de altura e gran altura xa non poden escoitar esta emisora pública, a única canle que trasladaba as noticias do noso país ata os cinco continentes, xa que podían sintonizala con independencia do mar ou do océano onde estiveran traballando.
SERVIZO PÚBLICO, ÚTIL E ESENCIAL
Balseiro, que non dubida en cualificar como errada a decisión do cese das emisións analóxicas de Radio Exterior de España, insiste en que a emisora ofrecía un servizo público útil e esencial para estes miles de mariñeiros, afeitos a pasar longas temporadas lonxe dos seus fogares e nas duras condicións propias de pesca en alta mar.
Balseiro explica que Galicia, como boa terra mariñeira, lidera esta ofensiva tanto desde o punto de vista das peticións formuladas polos propios profesionais do mar e das asociacións de tripulantes e armadores que os representan, como tamén, desde o ámbito institucional.
De feito, Balseiro explicou que o Goberno galego comparte esta demanda, ata o punto de que o propio Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa ten trasladado esta cuestión ao novo Presidente da corporación pública Radio Televisión Española, Jose Antonio Sánchez.
“Tamén se teñen desenvolvido xestións desde que se coñeceu a decisión de deixar de emitir en onda curta desde a Secretaría Xeral de Medios da Xunta e desde a propia Consellería do Mar”, engadiu Balseiro.
RECUPERAR AS EMISIÓNS EN ONDA CURTA
O voceiro popular do Mar pediu tamén que se estude a fórmula técnica necesaria para recuperar estas emisións en onda curta, o método máis efectivo para escoitar a radio a bordo dun buque en alta mar. “Enmudecer a radio en onda curta deixa na práctica orfos a moitos mariñeiros que están no exterior, illados do que acontece a cotío no seu país”, sinala Balseiro
Radio Exterior de España (REE) naceu fai máis de 70 anos e, desde o seu inicio, foi configurado como un medio dirixido a moitos dos nosos concidadáns que se atopan fóra e tamén para estranxeiros interesados polo noso país.
Cada hora dan conta da actualidade española ao resto do mundo. Ademais, Radio Exterior de España conta cunha amplísima oferta de programas, entre os que cabe destacar a emisión de espazos destinados á aprendizaxe do castelán, ao turismo, á música, ao deporte, ao mar, á solidariedade, á ciencia ou á medicina.
Os populares poñen de relevo tamén que no ámbito internacional outras compañías públicas actúan na dirección contraria e están reforzando as súas emisoras dirixidas ao exterior, como é o caso da BBC, Radio France Internacionale, Deutsche Welle, China Radio Internacional o Voice of America.


















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



