O titular provincial, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu este xoves o Consello de Administración de Suplusa, no que se aprobou o seu orzamento para 2015. A principal novidade do novo presuposto deste organismo dependente da Deputación é a incorporación dunha partida de 425.000 euros para a posta en funcionamento das primeiras residencias e centros de día públicos da terceira idade. Desta cantidade, 250.000 euros son para a contratación de persoal e 175.000 euros para gastos correntes (luz, auga, calefacción..).
As previsións do organismo provincial son abrir 6 centros públicos para maiores e dar emprego a máis de 60 persoas para a súa atención (persoal sanitario, de limpeza, cociñeiros, administrativos…) ao longo do 2015. Isto non só dependerá do remate das obras, senón da concesión, por parte da Xunta de Galicia, dos permisos legais imprescindibles para a súa apertura e de prazas concertadas, que o Goberno galego si outorga a centros privados.
Con respecto ás obras, as máis avanzadas son as dos centros públicos de Castroverde, Trabada e A Fonsagrada. O organismo provincial tamén executa as de Pedrafita do Cebreiro e Pol, ó tempo que está á espera do informe favorable da Xunta para poder comezar coas de Ribas de Sil. Ademais, agarda a futura modificación puntual do planeamento municipal de Guitiriz, que lle permita iniciar as da Casa da Botica. A Deputación propuxo a este Concello chairego redactarlle os documentos urbanísticos co fin de axilizar este proceso. A institución ultima o proxecto do centro para maiores de Navia de Suarna.
A Deputación achega 10,5 millóns de euros á construción das residencias e centros de día públicos de Castroverde, Trabada, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Ribas de Sil, Navia de Suarna e Guitiriz. Os Concellos, ademais de colaboran no financiamento mediante unha achega de 200.000 euros, teñen que aportar os terreos necesarios, así como as licenzas e servizos urbanísticos imprescindibles.
Orzamento Suplusa
O orzamento de Suplusa para 2015 suma preto de 6,4 millóns de euros, aumentando nun 7,25% con respecto a este ano debido, precisamente, á incorporación da partida de 425.000 euros para a posta en marcha das primeiras residencias e centros día públicos. As restantes partidas son as seguintes:
– 925.0000 euros para o mantemento das áreas verdes que xestiona a Deputación na provincia e que suman máis de 1.200.000 metros cadrados.
– 250.000 euros para actividades de dinamización de ditas áreas verdes. Por exemplo, cursos gratuítos de formación, xornadas didácticas e lúdicas ou implantación de hortos urbanos, entre outras.
– 100.000 euros para a terceira fase do plan de mellora na contorna do río Rato e Fervedoira.
– 55.000 euros para a escola de piragüismo.
– 150.000 euros para a recuperación da Casona do Incio.
– 535.940 euros para actuacións en impulso dos polígonos que construíu a institución en Begonte, Chantada, Castroverde, Paradela, Baleira, Ourol e Friol. Precisamente, a cantidade restante é, principalmente, para a amortización de préstamos concedidos para a realización de ditas áreas industriais.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



