Que cousas ten a vida, cando se concederon as licencias en Foz para construir vivendas amparadas pola lei en vigor naqueles momentos, con un equipo de goberno presidido pola miña persoa que se limitou a cumplir a lei a rajatabla, xa se dixo naquela época que non eramos naide para conceder ou denegar unha licencia e que o urbanismo era reglado e que cada solar tiña predistinado o que se podía construir, pero os insaciables querían sangre no goberno local e levaron o Alcalde os tribunales moitas veces por este tema, e a Xunta de Galicia intentou invalidar as licencias e non o consigueu porque nós mantuvémonos firmes nas decisións tomadas, saleu o contencioso e un Xuiz puxo as cousas no seu sitio e deulle a razón o Concello, e dixo na sentencia: “El Alcalde y equipo de gobierno actuaron correctamente en este asunto”,advertin unha e varias veces a corporación de que os constructores tiñan medo a construir, debido a que non sabían o que podía decir o Xuzgado do Contencioso, a mayores os bancos estaban recelosos a financiar proxectos con licencias postas en entredito.
Hay que decir que un dos partidos que máis ruido fixo con este tema foi o Partido Popular. Foi máis lexos de facer denuncia na propia corporación, non lle chegaba e levou de maneira particular o Alcalde o Xuzgado, claro agora o Alcalde actual dice nos medios de comunicación que lle están a reclamar a devolución do imposto pagado pola licencia dada de construcción, claro,claro, daqueles fangos veñen estos lodos, o peor e que por as irresponsabilidades cometidas pola propia oposición municipal,pola Xunta de Galicia que levou as licencias os tribunales estamos donde estamos, pero eso si que se teña en conta que os veciños de Foz non teñen culpa de todo este desaguisado para pagar os platos rotos, o constructor podía construir naide lle anulou a licencia, si non construeu polos motivos que fora e cousa del, a Xunta de Galicia ten a sua responsabilidad por amedrentrar o sector, e os que agora están preocupados por este asunto, deben de comprender que no seu dia atizaron duro para conseguir un objetivo, para nada lles importaba o Pobo querían o derribo do Alcalde, en política dixeno moitas veces non vale todo.
José Maria García Rivera.
EX_ALCALDE DE FOZ



















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



