Burela, 20 de novembro de 2014. A Concellería de Cultura continúa esta fin de semana coa súa programación de outono, presentando o sábado, 22 de novembro, a obra Historias do Taller a cargo da Compañía Mircromina Teatro de Títeres. O espectáculo está dirixido ao público infantil e familiar e comezará ás 17.30 horas na Casa da Cultura. A entrada será de balde ata completar aforo.
A concelleira de Cultura de Burela, Mónica Pedre, animou a “tódolos pais e nais para que se acheguen este sábado cos seus fillos a gozar deste espectáculo”. Un espectáculo interpretado pola Compañía Mircromina, que naceu no 2010 grazas ao proxecto do enxeñeiro técnico agrícola e artista polifacético procedente de Mondoñedo, Ton Areas. A compañía comezou representando obras coma Vacacións no mar ou Cinco historias para unha man, en colaboración coa compañía viguesa Spaguetti Títeres. No 2012 este grupo de teatro fixo unha xira por máis de 40 centros de ensino coa súa obra baseada na técnica de siluetas Teseo e o Minotaurio. A partir de aí, Mircromina Teatro e Títeres caracterizouse por presentar sempre espectáculos de carácter integral nos que os propios actores constrúen os traxes dos seus monicreques, deseñan o decorado, fabrican as historias e ata compoñen a música que as ambienta.
Historias do Taller é unha proposta dirixida tanto aos máis pequenos, coma ás familias. Nela as sorpresas, o ritmo e a selección das mellores historias xurdidas das visitas da compañía á diferentes centros escolares, serven de fío condutor deste espectáculo de monicreques.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



