Riotorto, 24 de novembro de 2014.- A asemblea veciñal que reclama a cobertura da praza médica vacante no centro de saúde de Riotorto entregará en breve na Xunta as firmas recollidas para apoiar esta demanda. Ata o momento levan 1.400. E mañá unha representación dos veciños asistirá ao pleno da Deputación Provincial de Lugo, no que se debaterá unha moción que foi aprobada por unanimidade pola Corporación Municipal de Riotorto.
O alcalde, Federico Gutiérrez Estoa, explicou que “o pasado venres celebrouse unha nova asemblea de veciños para tratar o problema que temos en Riotorto da non cobertura dunha das prazas de médico no noso centro de saúde. Nesa xuntanza deuse conta do traballo realizado desde a anterior asemblea, celebrada hai un mes, no que respecta á recollida de firmas, que xa estamos a piques de rematar. Temos ata este momento unhas 1.400 recollidas no noso concello”.
Nese encontro “tamén falamos das xestións realizadas coa xerencia do hospital, dando conta do que se nos transmitiu, e tamén se fixo algunha proposta de actuación de cara ao futuro. Nesa reunión tamén falamos de desprazarnos mañá a Lugo para asistir ao pleno da Deputación Provincial, onde se debaterá unha moción que foi aprobada por unanimidade en Riotorto no pleno da Corporación Municipal e que por parte da comisión veciñal se lles trasladou aos portavoces da Deputación, que asistiron ao encontro que tivemos aquí con eles en Riotorto”, sinalou Federico Gutiérrez Estoa. O rexedor dixo que “ata alí se desprazará unha representación importante de veciños para ver de primeira a man as posicións de todos os partidos”.
Gutiérrez Estou engadiu que “ademais acordamos, como parte fundamental para resolver este problema, trasladar esta situación ao Parlamento galego e por iso imos convocar aos deputados para facerlles chegar as nosas demandas. E dentro duns días iremos entregar as firmas recollidas á Xunta de Galicia, en Lugo”. Na xuntanza que mantivo a asemblea de veciños o pasado venres “demos conta da resolución provisional do concurso de traslados que houbo o pasado 14 de novembro, e na que a praza de Riotorto está adxudicada a un médico e que esperamos que sexa cuberta. Agora temos que esperar á resolución definitiva, estaremos moi atentos e moi pendentes diso. Á xuntanza asistiu o médico Álvaro Franco, que en principio vai cubrir esa praza, para que nos contara o proceso administrativo e os trámites que hai que facer”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



