Lourenzá, 24 de novembro de 2014.- A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, afirmou hoxe que as obras de reconstrución de dúas escolleras e dun muro de contención levadas a cabo na zona da área recreativa do Muíño do Pereiro tras o temporal do pasado 15 de outubro evitaron que as chuvias de onte ocasionasen de novo desbordamentos. Non obstante, a rexedora laurentina solicita a Augas de Galicia a limpeza inmediata do río Baos e anunciou o próximo inicio das obras para a creación da ruta de sendeirismo Val de Lourenzá, que transcorre tamén pola área do Muíño do Pereiro.
Emma Álvarez explicou que “as obras que fixemos na área recreativa do Muíño do Pereiro, coa reconstrución de dúas escolleras e tamén un muro de contención que resultaron danados por aquela tromba de auga que caeu o pasado 15 de outubro, fixeron posible que as choivas deste pasado fin de semana e sobre todo as de onte, domingo, non afectaran a esta área e non houbera desbordamentos. Pero agardamos que a limpeza da canle do río Baos por parte de Augas de Galicia sexa inmediata para que así os veciños e as veciñas que teñen as súas fincas paralelas a este río poidan vivir con tranquilidade as choivas que aínda quedan por vir.”
A alcaldesa engadiu que “a maiores do feito de que se fixeran estas dúas escolleras e o muro de contención, o módulo de xardinería do obradoiro de emprego da Serra da Cadeira, que está neste momento actuando nos concellos de Lourenzá, Trabada e Barreiros, e que levou a cabo o axardinamento da parcela que está ao marxe esquerdo do Río Baos, permitiu que xa se limpara unha parte dunha canle que verte auga a este río. Este feito tamén axudou a que as choivas de onte pasaran inadvertidas polo Muíño do Pereiro. Ademais dos traballos feitos cos medios propios do Concello e pola área de xardinería do obradoiro de emprego, o módulo de carpintería tamén actuou sobre a área do Muíño do Pereiro, facendo unha ponte de madeira e mesmo adaptando unha xa existente para que sexa accesible a aquelas persoas que teñan mobilidade reducida”.
A responsable municipal anunciou ademais que “esta área do Muíño do Pereiro vaise ver mellorada tamén cunha actuación que levará a cabo a Xunta de Galicia, ao crear a ruta de sendeirismo Val de Lourenzá, duns 20 quilómetros de percorrido e para a cal comezarán as obras previsiblemente a finais desta semana”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



