O Burela FS Pescados Rubén espera este sábado, na 12ª xornada de Primeira División, o Jaén Paraíso Interior (Vista Alegre, 18.30 horas) coa ausencia xa coñecida de Jorge Bellvert por lesión, á que se suma Isi, logo de confirmar unha rotura de fibras tras o esvarón sufrido na pista do Uruguay Tenerife o venres pasado. No cadro de Juanlu deberán dar un paso adiante as promesas laranxas; Hélder, Ángel e Renato deberán axilizar a súa adaptación para facer fronte ao cuarto clasificado (21 puntos).
A falta de catro partidos para finalizar a primeira volta, o Burela FS ocupa a sétima praza (19 puntos) coa persecución da sexta vitoria consecutiva no seu horizonte máis inmediato. O conxunto dos exlaraxjas Dani Rodríguez e Dani Martín plantarase na bomboneira con ganas de triunfo, logo de encadear as derrotas ante os grandes Inter Movistar (5-3) e FC Barcelona (1-3).
“Foi unha semana boa, tranquila; a única nota negativa foi a lesión de Isi, que xa coñeciamos en Tenerife. Será unha cita para que os máis novos sumen e sigan evolucionando co grupo” explicaba Juanlu a situación do vestiario, adiantando ademais a máxima virtude do rival: “A gran diferenza entre o Jaén e nós é a profundidade de banco. O rival ten un cadro moi amplo; non contará con Fabián, por lesión, e con Borja, que vén dunha recuperación, pero dispón de numerosas rotacións” explicaba Juanlu.
O equipo xienense chegará esta tarde á Mariña; realizará a última sesión da semana en Vista Alegre, ás 20.00 horas.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Ángel, 30 Hélder
Convocatoria Jaén Paraíso Interior: 1. Gonzalo, 7. Emilio Buendía, 8 Jordi Campoy, 9. Víctor Montes, 10. Carlinhos, 11. Dani Martín, 13. Prieto, 14. Eloy Rojas, 18. Juanlu, 20. Chino, 21. Cuco, 22. José López.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
