Lugo, 4 de decembro de 2014. Á área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, que dirixe o nacionalista Mario Outeiro, estará representada no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais Galegas que se celebra entre mañá, día 5, e o domingo 7 no Pazo da Cultura de Pontevedra. A área de Cultura e Turismo do organismo provincial contará cun stand propio, o número 39, na feira, no que se ofrecerá información do proxecto Buxiganga e de todos os traballos que se levan a cabo dende a Rede Museística da provincia de Lugo.
“A Área de Cultura da Deputación volverá estar presente no Culturgal, que servirá para amosar un ano máis a sobresaínte creatividade que existe na provincia de Lugo e o traballo que se está a facer en eidos como o teatro grazas a proxectos como o de Buxiganga, que puxo en marcha e impulsa a nosa área”, salientou Mario Outeiro.
O delegado provincial de Cultura especificou que no stand da Área de Cultura, por unha banda, “estará presente a Rede Museística Provincial, onde en concreto terá moita presenza a última exposición inaugurada no Museo Provincial ‘Entre o sono e os soños’, xa que quen se achegue a este gran escaparate da cultura galega poderá visualizar videomontaxes, recoller información e participar nun ‘Banco para compartir soños’”, sinalou Outeiro.
Actuación o sábado dos Arrythmia e obra de Teatro do Miolo
E, pola outra banda, “tamén estará presente ese gran proxecto teatral da provincia de Lugo denominado Buxiganga”, continuou o deputado nacionalista, quen destacou que, a maiores, “grazas á Área de Cultura participarán outras dúas propostas culturais lucenses”. Trátase do trío Arrythmia, “que terá un pequeno concerto, e da obra de teatro pensada para o público infantil ‘4 tempos’, de Teatro do Miolo, unha obra que, impulsada pola área de Benestar, ofrecerá cinco funcións este mes en distintos puntos da nosa provincia”, concluíu.
Estas dúas propostas sairán a escena o sábado. Concretamente, Teatro do Miolo representará a súa obra infantil ás 12:30 horas no Espazo Bebés. O Culturgal presenta este espectáculo como “un poético e divertido viaxe escénico a través das distintas estacións do ano. É un espectáculo pensado para que os máis pequenos, a través de elementos moi sinxelos, participen nos grandes cambios e transformacións que se producen no inverno, outono, primavera e verán”.
Mentres tanto, Arrythmia ofrecerá o seu power pop na carpa da feira a partir das 16.30 horas. “Estamos ante unha banda emerxente que vén de estrear o seu primeiro EP ‘III’, que inclúe o single ‘Diñeiro’. Arrythmia xa tocou no festival Revenidas e nas festas do San Froilán, entre outros eventos, e está composto por Alberto Busto, guitarra e voz; Álvaro López, á batería; e Alejandro Maciñeiras, no baixo eléctrico”, destacan dende o Culturgal a modo de presentación do trío lucense.
A Área de Cultura elaborou o vídeo ‘Entre os soños… imos ao CULTURGAL!’ para anunciar a súa presenza na principal Feira das Industrias Culturais Galegas. Pódese visionar na seguinte ligazón:
https://www.youtube.com/watch?v=GQ_4DDab49g&feature=youtu.be
Visitas guiadas na exposición do Museo Provincial
Durante esta ponte festiva haberá ademais no Museo Provincial de Lugo unha serie de visitas guiadas á devandita mostra ‘Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede Museística’, que permanece exposta dende o pasado 19 de novembro. Estas visitas terán como guía a Ángeles Miguélez e son unha “oportunidade única para sentir os obxectos e para entender dende o onírico o discurso expositivo desta mostra, para vela dunha maneira diferente á convencional”, indican dende a pinacoteca luguesa. As visitas terán como horario de inicio mañá, no Día do Voluntariado, ás 11:30, 13 e 19 horas, mentres que o sábado e o domingo desenvolveranse a partir das 11:30 e as 13 horas.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



