Ribadeo, 8 de decembro de 2014. Xa está aberta a inscrición para participar na San Silvestre Ribadeo 2014, que organizan o Concello e a Deputación Provincial de Lugo. As carreiras das categorías inferiores terán lugar a partir das 16.40 horas e a proba absoluta será ás 17.00 horas, unha vez finalizada a carreira das categorías inferiores.
O percorrido da mini San Silvestre terá unha lonxitude de 400 metros aproximadamente e discorrerá arredor do parque de San Francisco. Haberá un trofeo para o primeiro corredor e corredora en cruzar a meta e medallas para os tres primeir@s clasificad@s de cada categoría.
No caso da milla a distancia será de 1.150,37 metros e discorrerá polas rúas peonís de Ribadeo: saída entre os parques, da a volta ao parque de San Francisco, pasar por diante da oficina de turismo e do Concello e segue por Villafranca del Bierzo, Rodríguez Murias, Ramón González, Doutor Moreda, Reinante, Villfranca del Bierzo de novo e chegada á praza de España, diante do Concello. Haberá un trofeo para o primeiro corredor e corredora en cruzar a meta e medallas para os tres primeir@s clasificad@s de cada categoría.
Os participantes na proba absoluta, na San Silvestre Ribadeo 2014, recorrerán 4.937,83 metros. Sae de diante da Oficina de Turismo (praza de España) pasa por diante da Casa do Concello e rodea o parque para seguir polas ruas Clemente Martínez Pasarón, Avenida de Asturias, Jose V.Pérez Martínez, avenida de Galicia, Virxe do Camiño, San Roque, Rosalía de Castro, estrada de Vilaselán, estrada do faro, camiño das Barreiras, Leopoldo Calvo Sotelo, Rodríguez Murias, Ramón Gonzalez, Doutor Moreda, Reinante, Villafranca del Bierzo para rematar na praza de España, diante do Concello. Haberá medallas para os tres primeiros de cada categoría (masculino e feminino), trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e 3 mulleres da categoría absoluta e igual para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres ribadenses. Os premios son de 100 euros, 50 euros e 25 euros respectivamente.
As inscricións para a carreira absoluta e menores con DNI poden realizarse a través de internet en www.championchipnorte.com ata o 25 de decembro ás 23.59 horas; presencial nas oficinas de deportes e información xuvenil do Concello antes do martes 23 de decembro ás tres da tarde; e por correo electrónico antes tamén das tres da tarde do 23 de decembro á seguinte conta: deportes@ribadeo.org
As inscricións para menores que non teñan DNI deberán facerse de xeito presencial ou por email antes das 15 horas do 23 de decembro.
A retirada dos chips e dos dorsais efectuarase o 31 de decembro de 12.00 a 13.00 horas e de 15.00 a 16.00 horas no Concello de Ribadeo. Os corredores con chip propio deberán levalo para a carreira. Desde a Delegación Municipal de Deportes indican que “se disporá dos vestiarios do pavillón polideportivo municipal para poder cambiarse antes e despois da carreira”. Toda a información sobre a proba atoparase dispoñible na páxina: SanSilvestreRibadeo.wordpress.com.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
