O vindeiro sábado 13 de decembro Lourenzá volverá acoller a primeira preparatoria de campo a través comarcal organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte coa colaboración do Concello de Lourenzá, Protección Civil de Lourenzá e as Escolas Deportivas.
A proba comenzará ás 11.00 horas coa carreira benxamín feminino. Está previsto rematar a xornada coa entrega de premios e medallas arredor das 13.00 horas despois das probas de alevín, infantil e cadete tanto feminino coma masculino.
As entidades que participarán nesta 1ª preparatoria co número de atletas serán:
E.D. Barreiros: 10.
C.Atletismo Ribadeo: 7
Acd Xove: 15
ED. Alfoz: 1
S. Roque Viveiro: 50
Ceip Sta. Rita Galdo: 30
M. Barcia Lourenzá Mondoñedo: 40
M. Otero: 40
O PIlar: 25
Riotorto: 8
A segunda preparatoria terá lugar en Viveiro o vindeiro 10 de xaneiro deixando o Cto. Comarcal o 17 de Xaneiro de novo no circuíto de Lourenzá.