Aproveitando as desgrazas tan próximas no tempo dos mariñeiros mariñáns, o programa Parolando do pasado xoves 11 na Radio Burela estivo dedicado ó mundo dos mar e dos mariñeiros. Un coloquio, como sempre, de hora e media, de 20.30 a 22.00 horas, no que estiveron presentes Juan (mariñeiro xubilado), Ramiro e Fanego (Patróns do “Adviento”), Basilio (Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Burela) e Raúl (Vicepatrón de dita Confraría), así como José Ángel Iglesias (Capitán Marítimo do Porto de Burela). Falouse sobre o día a día dos pescadores galegos no mar, sobre os problemas e explotación mariña que trouxo a Unión Europea, sobre os problemas ambientais, legais e emocionais dos mariñeiros, e sobre a importancia do Porto de Burela no mundo do mar e na Mariña en xeral, así como sobre as súas carencias e melloras de cara ó futuro.




















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



