Bruxelas, 12 Decembro 2014. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra considera que a chantaxe que estes días estamos vivindo na Galiza e noutras partes do Estado por parte da multinacional Alcoa “pon de manifesto varios aspectos interesantes aos que debemos prestar atención”.
En primeiro lugar, sinala, “demostra que as políticas de privatización só serven para traspasar empresas e recursos públicos ao gran Capital”. Ese é o caso precisamente desta multinacional, que conseguiu facerse ca concesión no ano 1998 a través do proceso de privatización de Inespal.
En segundo termo, a situación de Alcoa revela as incongruencias do recorrente mito da eficiencia, habitualmente empregado para argumentar as decisións de privatizar en base á suposta maior eficiencia da empresa privada en comparación ca xestión pública. No caso de Alcoa, observamos que, a conta do erario publico, esta empresa leva anos gastando entre o 40 e o 50% da enerxía que se consome na Galiza, pero pagándoa a un terzo do prezo de calquera usuaria normal. Polo tanto, “se Alcoa pagase a electricidade ao prezo normal perdería competitividade”, sinala Senra, “é mentira que sexan máis eficientes, o que realmente sucede é que a súa eficiencia baséase en seguir sacando das arcas publicas, é dicir, de todas e todos nós”.
A eurodeputada de AGEe veo claro, “estamos diante dunha nova chantaxe na que, nun momento de crise como a que estamos a vivir, Alcoa toma aos traballadores e traballadoras como reféns para chantaxear á sociedade, para que consintamos e xustifiquemos a costa de todas e todos nós o abastecemento de enerxía a prezos de ganga”. De feito, co seu posicionamento Alcoa busca facernos responsábeis da decisión de pechar para irse a outros lugares; “unha decisión que con toda seguridade ten xa tomado para instalarse onde os salarios, as condicións laborais e os custos sexan moito menores que aquí”, advertiu. Esta é a clave na que traballa Alcoa, o seu problema non son as perdas, senón querer gañar máis.
Dende AGEe valoramos que, a través deste conflito que vén de crear a empresa, Alcoa busca engordar os beneficios do accionariado e do gran Capital, sen importarlle os milleiros de familias que este inverno non poderán nin prender a calefacción porque os intereses dese mesmo Capital deixaronas sen traballo, sen fogar e, no mellor dos casos, baixo un teito prestado. Aliás, abondou Senra, “tampouco lle importa a Alcoa os milleiros de PEMES e explotacións agrarias asfixiadas, entre outros motivos, debido ao custo enerxético imposto á súa actividade”.
A Alternativa Galega de Esquerda, considera que a enerxía é un ben común, imprescindíbel para a vida, ao que toda a poboación e as empresas deben ter garantido o aceso. Pero para que se cumpra este axioma humano fundamental, “cumpriría que tanto os gobernos como a Unión Europea, en base ás súas competencias, non consintan nin unha soa chantaxe por parte das grandes empresas, nin coa enerxía, nin coa fiscalidade, nin con ningunha outra cousa”, sentenciou.
Por iso dende AGEe demandamos a retirada inmediata do expediente de extinción de Alcoa, garantido o mantemento de todos os postos de traballo. E, no caso de que este expediente seguira adiante, “tanto a Xunta como o goberno do Estado deben esixir a devolución de todos os beneficios e diñeiro público que percibiu esta empresa, e empregalo en xerar postos de traballo para a xente que ten empregada na actualidade”.
Por outra banda, dende a perspectiva da soberanía enerxética dos pobos, Senra demandou “elaborar políticas industriais e de desenvolmento con criterios de redución de consumo e de eficiencia enerxética”, así como o desenvolvemento de enerxías renovábeis “con proxectos que non ameacen o medio nin outras actividades”, garantindo por exemplo que estas políticas enerxéticas “non se fagan a costa de reducir a base territorial, imprescindíbel para garantir a Soberanía Alimentar dos nosos pobos”.
Por último, a eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, quere trasladar ás traballadoras e traballadores de Alcoa a súa máis fonda “solidariedade e apoio” nesta loita.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



