CADERNOS DA VIAXE. 51 peñas deportivistas, que representan aos sectores máis activos e conscientes da afección, veñen de criticar duramente a política desenvolvida nas últimas datas por Tino Fernández e o seu Consello de Administración, reprochándolles ter preferido “quedar ben con Madrid” antes ca esixir unha pescuda xudicial a xeito que descobra aos asasinos de Jimmy e antes ca defender unha `política contra a violencia que non sexa equidistante entre as vítimas e os agresores.
Arrepía pensar en que sexan o propio Ministerio do Interior e a Delegación do Goberno en Madrid, responsábeis por omisión desta morte, os mesmos que fabricasen o relato que se lle vendeu aos media madrileños (agás algunha excepción honrosa) e que de aló exportaron ao resto do Estado, mesmo a algúns media do noso país. Un relato onde os malos son os galegos, que veñen amolar aos da capital, que serían moi bullangueiros e moi de saltar á primeira, coma bos latinos. Porque focalizando na vítima no canto dos asasinos conseguen que menos xente se pregunte polas mentiras de Cristina Cifuentes, que coñecía dende tres días antes que 50 blues viaxarían na mañanciña do domingo 30-N. Que menos xente se pregunte que está a ocorrer na investigación, que en 15 días non foi quen a xerar unha soa detención nin unha soa explicación.
Para a cidadanía galega feitos coma éstes haberían server para aprendermos como, para o que non interesa, non somos considerados da Casa. A decisión política, as elites financeiras e mediáticas, a conformación da opinión dunha España a cada máis polarizada e centrípeta…están en Madrid e Galicia, co 5% do PIB e o 6% da poboación, non conta. Moito menos A Coruña nin o Dépor.
Velaí que sexa tan importante mirar polo noso e apostar sen dúbidas por máis autonomía mental. Por máis capacidade para formarmos os nosos propios xuizos dende aquí, o que esixe tamén máis coñecemento e achegamento á nosa propia contorna. E velaí que sexa tan deprimente que tanto o Presidente de Galicia como o alcalde da Coruña prefiran tamén quedar ben con Madrid, mercándolle a súa falaz historia, antes ca defender o verdadeiro relato dos feitos que, se non coñecen, haberían coñecer en razón do cargo que ocupan. Precisamente polo voto da cidadanía galega e coruñesa.
Xoán Antón Pérez-Lema


















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



