O Burela FS Pescados Rubén sufriu este sábado demasiado castigo en Vista Alegre na visita do Aspil Ribeira Navarra FS, que conseguiu a clasificación para a Copa de España de Cidade Real 2015 nun duelo moi igualado que se decidiu na recta final (2-5). Os laranxas encaixaron tres dos cinco goles nos tres últimos minutos, dous deles con porteiro xogador.
Matamoros e Antoñito intentaron sorprender a Molina xa nos primeiros segundos e Hamza fixo o propio con recuperación sobre Iago Míguez que soubo resolver á perfección Álex. Tras falta de Mata no minuto 2, Andresito inaugurou o marcador pero pouco lle durou a alegría ao Ribeira porque poucos segundos despois Matamoros igualaba a contenda con golazo pola escadra tamén a balón parado, tras falta sobre Iago.
Con cinco faltas xa no minuto 7, o Burela FS non se veu abaixo; soubo reaccionar con moita seriedade en defensa e ata con perigo en ataque. Antoñito dispuxo de dous magníficos balóns, minutos 14 e 16, en contraataque de Chano e a pase de Isi, que non acabaron de callar, e Chano, máis tarde -no 17-, tamén xerou nerviosismo nas filas visitantes en contragolpe pola banda cun disparo que se quedou sen forza. A falta de Isi sobre David no área visitante propiciou o 1-2 a falta de 1.52 minutos para o descanso nun dobre penalti con firma de Andresito nun balón raso que se coou pegado ao pau. Nos últimos segundos da primeira parte, o cadro local puxo en alerta a Molina con tres balóns envenenadísimos a balón parado con Mata, Isi e Iago Míguez.
Ao Ribeira parecía que lle servía ese resultado. Ao regreso do descanso, aínda que as primeiras chegadas; pero tímidas, foron dos visitantes sobre a meta de Álex, os da Mariña cargaron munición para ir a por todas con dúas boas ocasións de Mata e Carlitos antes de cumprirse o minuto 22. Pero despois tivo que aplicarse a fondo Álex ata o 28, quizais nos momentos menos ordenados do Burela FS. No 25, Joselito rouboulle o balón a Isi; tralo rexeite do porteiro laranxa, salvou Hélder. O meta mariñán estivo concentradísimo na tentativa de lonxe de Palmas. Álex saíu vitorioso tamén no man a man con Joselito e con Roger ao pau, no 28.
Volveron as augas á súa canle para os laranxas. Tralo perigo de Chano e Antoñito fronte a un oportunísimo Molina que despexou por arriba no 31. Chegou de novo a hora de Burela FS; trala falta de Jesús sobre Chano no área visitante, o sempre sublime Matamoros transformou o penalti no 2-2 (minuto 32). Os de Tudela cargábanse de faltas e os da Mariña non baixaban o seu nivel de esixencia, con Álex impertérrito ante dous cañonazos de Andresito (minuto 33) e o asedio por partida dobre de Matamoros sobre Molina (minuto 35) e pouco logo de Carlitos e Antoñito.
Con todo, de novo a fortuna non estaba do lado dos burelistas. Xusto cando mellor estaba o conxunto laranxa, do que podería ser o 3-2 para os galegos, nun dobre penalti de Matamoros, a falta de 2.52 para o final, que despois intentou rematar tamén Antoñito, Vista Alegre enmudeceu a falta de 2.17 ante o gol de David (2-3) en xogada iniciada por Hamza. Foron valentes os de Juanlu e apostaron polo xogo de cinco liderado por Mata, pero non era o seu día; Rubi subiu o 2-4 segundos despois a porta baleira tocando un pase longo de Molina. A falta de 49 segundos, David volveu atopar a porta baleira para o definitivo 2-5. Intentárono os da Mariña pero xa era demasiado tarde.
Agora toca pensar en gañar en casa do Montesinos Jumilla o vindeiro venres (21.00 horas), esperando a ver cal é o desenlace entre Ribeira Navarra FS e Peñíscola.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Álex, Isi, Matamoros, Carlitos, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Hélder, Chano, Anxo.
Aspil Vidal Ribeira Navarra FS: Molina, David, Hamza, Rubi, Andresito, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Roger, Palmas, Luisma, Jesús, Lucas.
Goles: 0-1, minuto 2, Andresito; 1-1, minuto 3, Matamoros; 1-2, minuto 18, Andresito (dobre penalti); 2-2, minuto 32, Matamoros (penalti); 2-3, minuto 38, David; 2-4, minuto 38, Rubi; 2-5, minuto 39, David.
Tarxetas: Por Burela FS amarela a Chano (minuto 22), Isi (minuto 29). Por Ribeira amarela a Hamza (minuto 37), Rubi (minuto 37), Lucas (minuto 39).
Árbitros: Martínez Segovia // Munez Carpintero
Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada de Primeira División LNFS disputado en Vista Alegre. Ao redor de 1000 afeccionados.
*FOTOS: Marián García Mesa.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
