Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2014.- O Partido Popular amosou de novo o seu desprezo pola soberanía popular, polos dereitos sociais das persoas e pola sanidade pública. Co seu voto no pleno do Parlamento de Galicia este serán aprobou unha versión completamente desnaturalizada e deturpada da iniciativa lexislativa popular (ILP) rexistrada en marzo deste ano con máis de 40.000 sinaturas de apoio e que esixía, sen máis, engadir un artigo á lei de saúde de Galicia: “Que todas as provincias galegas tivesen igualdade de condicións no acceso aos servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear”.
Pois ben, o PP remitiu o proxecto popular á lei de garantías de prestacións sanitarias, unha norma, expuxo a deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Eva Solla, “contestada socialmente, aprobada en solitario pola dereita, unha lei que abre a porta á privatización ao permitir a competencia da sanidade pública coa privada”. “O que, na iniciativa orixinal, pretendía ser un dereito”, o das e dos lucenses á igualdade no acceso á sanidade pública, “muda nun asunto relacionado co negocio e a privatización”. Solla advertiu que, de fondo, se atopa o libro de cabeceira na Consellaría de Sanidade, o Libro Branco do Goberno Thatcher e os plans para privatizar “a alta tecnoloxía sanitaria, é dicir, a radioloxía, a radioterapia e a tecnoloxía intervencionista”.
As emendas do Partido Popular no trámite parlamentario da ILP transforman a iniciativa apoiada por máis de 40.000 sinaturas –cando o mínimo requirido son 15.000- e trocan o concepto de servizos sanitarios polo de procedementos. Isto é, en palabras de Eva Solla, validan a idea repetida en numerosas ocasións polo PP de que “non hai necesidade de servizos as 24 horas. O que deixa sen efecto as medidas contidas na lei a respecto de hemodinámica. Por se non queda claro, condiciónaa ás salas de hemodinámica existentes”. É dicir, a Xunta de PP, para a que a destrución da sanidade pública, universal e gratuíta no momento da prestación é obxectivo principal, non ten pensado facer máis nada ao respecto de hemodinámica.
Atrasos inaceptábeis e mortes nos traslados
A iniciativa lexislativa popular entrou no rexistro do Parlamento acompañada de máis de catro decenas de milleiros de sinaturas en decembro de 2013. En marzo deste ano, foi aceptada a trámite por unanimidade. “Todo foron atrancos”, afirmou a deputada de AGE, “en maio non sabiamos nada”. Por unha vez, o Sergas respondeu ás preguntas parlamentarias de Alternativa e así transcendeu que entre 2011 e 2013 houbo 2.082 traslados de pacientes con cancro, 3.627 desprazamentos por cardiopatías isquémicas e cinco persoas falecidas no camiño. Estes nove meses continuaron os traslados e polo tanto as persoas que os sufriron. A ponencia para tramitar a lei convocouse finalmente en xuño e logo “deixouse durmir a iniciativa”. “Nove meses para a tramitación dunha lei cun so artigo”, engadiu Solla.
“Agora tamén mudaron os prazos de aplicación, que pasan de seis e meses e un ano para a implantación de servizos a 15 meses”, engade Solla, “finalmente entre a aprobación e os prazos da posta en marcha, chegará o final da lexislatura”. Por suposto, o Partido Popular, nesta infame operación de filibusterismo político e social, tamén se opuxo a única emenda presentada por Alternativa Galega de Esquerda, aquela que esixía que os servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear no hospital de Lugo se prestasen sempre dende a sanidade pública.


















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



