A Mariña, 17 de decembro de 2014.- O vicepresidente e responsábel de Benestar e Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta tarde na presentación da Carreira Popular de Reis de Barreiros, que se recuperará no 2015 logo de varios anos sen celebrarse. O acto tivo lugar nos colexios vellos de San Miguel de Reinante e no mesmo tamén estiveron presentes Jesús Seivane e José Carlos Díaz, como representantes do comité organizador; José Manuel Pérez, El Che, persoa que será homenaxeada nesta edición; e Nicolás Veiga e Modesto Veiga, representantes das Escolas Deportivas A Mariña Oriental, colectivo que fora o que creara esta carreira popular.
Esta tradicional Carreira de Reis volve a escena grazas á implicación de varios hostaleiros de Barreiros (Café Moderno e Hotel Ría do Masma), da Peña Barcelonista de San Miguel de Reinante, de Actiboot e do Club Deportivo Praias de Barreiros. A área de Benestar e Deporte da Deputación colabora co organización. “Apostamos por este tipo de iniciativas deportivas populares e por recuperar unha carreira que foi pioneira en Barreiros e que no seu día foi unha das máis importantes de toda A Mariña”, salientou Antonio Veiga. Ademais, bromeou coa data escollida. “Está xa na recta final das festas do Nadal, así que a moitos seguro que lles serve para quitarse de enriba os excesos propios destas datas”, afirmou.
O responsable de Deportes da Deputación sinalou ademais a importancia de recoñecer a figura de El Che, “un dos corredores con mellor palmarés e máis coñecidos na Mariña e en Asturias, xa que el é natural de Cangas del Narcea, pero sempre estivo moi vinculado a San Miguel de Reinante ao ser a súa familia materna de aquí e onde reside desde hai 15 anos”, apuntou o vicepresidente provincial.
Veiga avanzou que as carreiras das categorías inferiores comezarán ese día 4 de xaneiro ás 11 horas, mentres que a saída de de adultos darase ás doce do mediodía. As distancias serán diferentes en cada categoría, polo que se establecerán circuítos para cada unha delas. A proba de adultos, con saída e chegada no campo barreirense do Cascabeiro, terá un percorrido de 12 quilómetros.
Límite de inscrición e prezos
A data límite para anotarse nesta competición será o 2 de xaneiro. A inscrición para os nenos será gratuíta, mentres que os adultos deberán pagar 5 euros. A maiores, a organización ofrece a opción de combinar inscrición e comida. Deste xeito, aqueles adultos que decidan apuntarse á comida posterior á carreira impulsada pola organización deberán aboar 10 euros. No caso dos pequenos, o prezo ascende a 5 euros. O prezo da camiseta conmemorativa da carreira é de 10 euros. Os encargos, a inscrición e a consulta de máis información pode realizarse a través da web carreirapopulardereis.jimdo.com ou no número 625 821 044.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



