O Burela Pescados Rubén desaproveitou unha boa ocasión para recortar distancias co Futsi, líder da Primeira División, xa que as colchoneiras empataron (2-2) na pista do Poio Pescamar e as mariñás tamén cederon un empate na pista do Majadahonda (4-4).
O encontro entre galegas e madrileñas non resultou demasiado vistoso xa que ambos conxuntos pecaron de numerosas imprecisións. O Majadahonda logrou que se xogase un partido de choque ante un Burela Pescados Rubén que non atopou o seu xogo habitual. Malia o seu día gris, as mariñás lograron irse ao descanso con vantaxe (0-1) co tanto conseguido por Peque.
Tralo paso por vestuarios, ambos conxuntos entraron nun intercambio de golpes que se saldou co 3-2 no minuto 31. O duelo avanzaba sen dono e de novo apareceu Peque co seu terceiro tanto para igualar a contenda (3-3) e no minuto 39 Shio, de doblepenalti, remontaba o partido (3-4) aínda que o Majadahonda respondeu coa mesma moeda. Desde o doblepenalti, Elena bateu a meta burelesa selando o 4-4 final.
Ficha técnicaM
Majadahonda FSF: Laura, Lauri, Martita, Elena, Marta Rodríguez –cinco inicial- Marta Mateo, Celia, Mónica.
Burela Pescados Rubén: Patri, Claudia, Maite, Peque, Lara –cinco inicial- Cris, Kiko, Shiori.
Goles: 0-1, m.8, Peque; 1-1, m.24, Marta Rodríguez; 2-1, m.25, Marta Rodríguez; 2-2, m.30, Peque; 3-2, m. 31, Elena; 3-3, m.36, Peque; 3-4, m.39, Shio; 4-4, m.39, Elena.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
