CADERNOS DA VIAXE. Escrebín este día nun artigo doutra xeira que Galicia aproveitara ben a súa competencia en Dereito Civil para se aproximar ás novas realidades sociais ao lexislar unha substancial liberdade de disposición testamentaria, ao tempo que se axustaba á tradición xurídica galega ao recoñecer institucións tan útiles como o testamento mancomunado ou os pactos sucesorios. E axiña houbo quen defendeu a unificación lexislativa, sen matinar nas diferentes realidades sociais que esixen pluralidade de respostas normativas e sen se decatar que a autonomía política diferénciase da mera autonomía administrativa precisamente na capacidade de lexislar distinto.
É evidente que a coordinación ou mesmo certo grao de unidade lexislativa da fiscalidade e dos Dereitos Mercantil e Laboral é precisa para dotarmos a Unión Europea dun acervo común coherente. Mais as respostas lexislativas no Dereito Civil e Administrativo haberían ser diferentes, como diferentes son cadansúas realidades sociais e estruturas cívicas e económicas de, por exemplo, Galicia, Canarias, Murcia, Bavaria, Escocia ou o Piamonte.
Cál é a causa desta obsesión uniformista, deste eterno pulo irracionalmente centrípeto que adoitan exercer dende o centro do Estado os media e determinadas elites financeiras, universitarias e políticas? Porqué un país como Galicia, coa metade dos núcleos de poboación do Estado e sen unha gran capital ha partillar a lexislación de horarios comerciais madrileña, pensada para un macroespazo urbano de seis millóns de persoas? As razóns son tanto de prexuizo ideolóxico (as elites da España tradicional non aturan a distribución do Poder nin a autonomía dos distintos territorios á hora de elixiren cadansúas decisións) como do interese económico destas elites pola recentralización. Dito doutro xeito, que Galicia, por exemplo, non poida pór canles á cobiza de determinados axentes económicos.
En realidade, tras desta obsesión uniformista latexa o medo ao cambio e a dificultade para operar en espazos máis libres e participativos. Ou, si preferir, o medo a traballar en rede e horizontalmente e a pulsión para manter un Estado xa inviábel, cun só cerebro que pense e dirixa todo. A pulsión, xa que logo, por parar as agullas dun reloxio que camiña inexorábel.



















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



