A Xunta de Goberno este venres resolveu o plan en impulso do sector primario e do rural da Deputación, concedendo un total de 237 axudas por valor de 1,7 millóns de euros. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, adiantou que en xaneiro o organismo provincial porá en marcha a programación do 2015, incrementando en 500.000 euros o seu presuposto e ampliando as actividades obxecto de subvención, en resposta ás peticións veciñais nas xuntanzas participativos. Serán axudas de 2,2 millóns de euros para a recuperación de terras abandonadas, pesca de baixura, horticultura, producción de viño, infraestruturas veciñais, centros sociais ou traídas de auga.
As subvencións resoltas na sesión de hoxe distribúense do seguinte xeito:
– 114 para a recuperación de terras abandonadas. A axuda por hectárea é de 500 euros, podendo recibir un máximo de 9.000 euros. Os beneficiados son gandeiros e agricultores a título individual, ou ben agrupacións, SAT ou personas xurídicas que teña titularidade de explotacións. Estes deberán ter a parcela a produción durante un período mínimo de dous anos. No caso de incumprir este requisito, perderán a axuda. Ademais, terán que xustificar, achegando a declaración da renda, que polo menos o 50% dos seus ingresos procede da actividade agropecuaria co fin de conceder estas axudas a quen realmente vive, traballa e crea emprego no campo. “Somos a primeira Deputación galega que ofrece este tipo de axudas. Facémolo, tendo en conta que a superficie agraria abandonada en Galicia aumentou, na última década, en máis dun 66%, sobre todo na provincia de Lugo. Hoxe, o 80% do territorio galego está sen poñer a producir”, subliñou o voceiro.
– 43 para traídas de auga. Destas, 19 son para novas instalacións, sendo a axuda máxima de 30.000 euros, e 24 para melloras nas existentes, sendo o límite 10.000 euros. Os beneficiados son comunidades de montes ou de usuarios, así como asociacións de veciños. Nos criterios de valoración, priorizouse o número de usuarios que se dedicen á actividades agropecuaria con fin de axudar ó sector primario.
– 80 para o acondicionamento de estruturas de uso comunitario. Por exemplo, arranxo de camiños, fontes, bebedeiros, depósitos de incendios ou sistemas de regadío comunitario. O máximo por beneficiario é de 12.000 euros.
A vindeira semana, o BOP publicará a listaxe de beneficiados, que tamén se poderá consultar en www.deputacionlugo.gal.
Colección de Álvaro Gil
A sesión aprobou a adxudicación do contrato para a subministración de 40 pezas da colección de ourivaría de Álvaro Gil. Nos vindeiros días, o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, asinará este contrato cos herdeiros do mecenas. Posteriormente, no prazo de 7 días, a pezas voltarán ao Museo Provincial. Martínez salientou que “solventamos outra débeda do Partido Popular, que durante 15 anos mantivo mortas as negociacións coa familia, conseguindo que esta colección pase a ser patrimonio de todos os lucenses”.
Rutas de sendeirismo
A Xunta de Goberno aprobou a contratación de obras de mellora en rutas de sendeirismo situadas nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses por valor de 171.155 euros, procedentes do Lug02, o programa medioambiental da Deputación en impulso destes espazos naturais, que financia a Unión Europea nun 80%. Martínez destacou que “estes traballos complementan os executados noutras 12 rutas de sendeirismo, nas que arranxamos un total de 82 quilómetros, con outros 130.000 euros do Lug02”. As rutas xa recuperadas son: Paseo do río Rato (3,10 quilómetros), ruta de Lugo ó Piago (14,40 quilómetros) e ruta da Fervenza (15 quilómetros), as tres situadas no Concello lugués; Insuas do Miño (5,10 quilómetros) en Outeiro de Rei; ruta da Seimeira (3,10 quilómetros) na Pontenova; Retorta (5 quilómetros) e Penedo da Forca (3,20 quilómetros) en Navia de Suarna;
ruta de Castelo a Igrexa de Donís (2,98 quilómetros) e de Castelo a Moreiras (4,37 quilómetros) en Cervantes; Queixoiro (6,40 quilómetros), Villardiaz-San Andrés (8,30 quilómetros), e ruta dos Puintores (11 quilómetros) na Fonsagrada.





















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



