CERVO .- Na “Queimada popular” de Cervo, que este ano celebra a trixésimo quita edición, queimaranse máis de 2.500 litros de augardente; o inicio da representación está previsto para as once e media da noite. Pola mañá celebrarase o mercado tradicional e a noitiña, antes do inicio da queimada, actuará na praza do Souto o grupo “Los Mecánicos”.
NOTA DE PRENSA
A cita terá lugar as 19.30 horas na praza do Souto da localidade, despois comezará a tradicional representación teatral na que non faltaran meigas e augardente
CERVO ACOLLE AO GRUPO LOS MECÁNICOS PARA ENCHER DE MÚSICA AS HORAS PREVIAS DA XXXI QUEIMADA POPULAR
* Músicos rockeiros ofrecerán hora e media de concerto un espectáculo inesquecible con versións das mellores cancións da década dos 60.
* Esta actividade é posible grazas ao patrocinio da concellaría de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo e a Xunta de Galicia a través do programa CULTURA VAI.
Cervo, 20 de agosto de 2009.- O programa de actividades da XXXI edición da Queimada Popular de Cervo non deixa marxe para o aburrimento, xa que desde primeira hora da mañá existe unha ampla oferta lúdico-cultural que promete ser do agrado para os veciños e visitantes que decidan achegarse ata esta localidade e gozar con esta festividade declarada de interese turístico galego.
A primeira cita terá lugar ás 10 horas, nas distintas rúas do centro da capital cervense, e na praza do Souto, alí estará situado o Mercado tradicional que leva trece anos facendo as delicias de todos aqueles que queren retroceder no tempo e pasearse en pleno século XXI por variados postos que poñen á venda produtos típicos e artesanais tal e como se facía no pasado, e con mercaderes ataviados con roupas típicas doutros tempos. Aqueles que decidan achegarse ata o Mercado Tradicional teñen incluso a posibilidade de xantar, grazas á variada oferta da que dispoñen nos distintos postos e pasear polas rúas dunha localidade na que todos os seus veciños traballan para amenizar esta cita.
Pero a novidade principal deste ano, está na actuación musical que terá lugar nas horas previas á representación teatral da Queimada. Un espazo de tempo que ata o momento non contaba con ningunha actividade e que este sábado enchese de música da man do grupo LOS MECÁNICOS.
HOMENAXE Á MÚSICA DOS 60
Polo tanto na presente edición hai que adiantar a cita coa Queimada Popular de Cervo ata as 19.30 horas, horario no que está previsto o inicio do musical que terá lugar na praza do Souto. LOS MECÁNCIOS, ofrecerán en hora e media de concerto un espectáculo inesquecible versionando clásicos da década dos 60. A música inglesa e estadounidense de man de The Beatles, The Kinks ou Small Faces mestúrarase nun nostálxico cóctail con grupos españois e galegos da época dourada do pop como son Los Salvajes, Los Bravos, Andrés Dobarro ou Fórmula V.
Fernando Esclusa (Guru Deva), José M. Martínez “Bonham” (ex Deluxe, The Majestics) e Tito Ritmanmuchos xuntáronse o pasado ano para versionar estas cancións e foi tal o éxito que xa están gravado o seu primeiro lanzamento discográfico.
Estes empedernidos rockeiros son ao mesmo tempo veteranos músicos xa que o seu pasado musical (Deluxe, Guru Deva, Maguila, Revolujoin, Inspector Clousseau) avalan a dosis de bo pop clásico. Algo que non se pode perder para así gozar un poco máis da historia musical e das recompilacións, tan de moda nos últimos tempos
Esta actividade é posible grazas ao patrocinio da concellaría de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo, dirixida pola edil popular Chelo Gallego e a Xunta de Galicia, a través do programa CULTURA VAI. Ambas institucións colaboran con Airiños do Xunco, a asociación cultural organizadora da Queimada Popular, para ofrecer un máis amplo programa festivo.
AUGARDENTE CONTRA O EMBRUXAMENTO
Xa na noite, sobre as 23.00 horas, será a quenda da tradicional representación teatral da Queimada Popular. Na que, como non podía ser doutro xeito, non faltarán as meigas, máis de 2.500 litros de augardente, a música das gaitas e pandeiretas e a lectura do tradicional Conxuro. A organización porá a venda máis de 3.500 cuncas, coas que degustar o brebaxe máxico que, unha vez baixe polas nosas gorxas, quedará libre dos males da nosa alma e de todo embruxamento.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



