O sorteo da cesta de inverno preparada polos nen@s de Chao de Castro-Altair -valorada nuns 250 euros- tivo lugar o sábado 27 de decembro resultando gañadora Genoveva Ares Losada (unha das nais de Chao de Castro-Altair). O sorteo fíxose en xornada de portas abertas entre os asistentes ó acto. A cesta foi entregada por dous membros da Equipa Educativa de Chao de Castro Altair, Kristian Díaz e Bruno Faustino. Desde a Equipa Educativa de Chao de Castro-Altair aproveitan a ocasión para agradecer ás persoas, asociacións e negocios locais que cederon productos e repartiron nos seus establecementos rifas da cesta: Asociación de Enfermos Mentais da Mariña, Aspanane, A Estruga, Andrea Varela López (voluntaria de Eu Son), Fátima Vizoso Álvarez, Rufino, Boas Migas, Mis en Plas, A Dorna, Gadis Burela, Colmado Burela, A Sartén de Carmen e Conservas Currimar.
Cesta de inverno de Chao de Castro-Altair
Cesta de inverno de Chao de Castro-Altair
Relacionado
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores