Foz, 7 de xaneiro de 2015. Jesús Liste Otero, xefe de cociña da Escola de Hostalería do IES de Foz, será o encargado de pregoar a XII Festa do Berberecho focense. O evento celebrarase os días 23, 24 e 25 deste mes na zona portuaria da vila, como ven sendo habitual nos últimos anos. O anuncio fíxoo o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen adiantou que o evento será presentado na cidade de Lugo.
Javier Jorge Castiñeira explicou que “dende o Concello, unha vez finalizados tódolos festexos de Nadal, queremos anunciar que o pregoeiro da XII Festa do Berberecho de Foz vai a ser o xefe do departamento de cociña do IES de Foz, Jesús Liste Otero: profesor, cociñeiro e colaborador tamén durante moitos anos da Festa do Berberecho da nosa vila, un evento no que durante varios anos colaborou a Escola de Hostalería de Foz preparando todos eses pratos e axudando a promover o consumo deste bivalvo, que durante varias edicións levamos defendendo dende o noso Concello coa Festa do Berberecho”.
O responsable municipal focense engadiu que “Suso Liste, que é unha persoa e un cociñeiro ben querido en Foz tanto polos seus alumnos como polos seus compañeiros do IES, representa a todos aqueles cociñeiros e profesionais que teñen nas súas cartas sempre presente este bivalvo que é o berberecho e que tanta marxe dá nas cociñas e nos menús da hostalería galega e tamén na hostalería de Foz. Polo iso Jesús Liste Otero, xefe de cociña da Escola de Hostalería do IES de Foz, vai a ser o pregoeiro da XII Festa do Berberecho de Foz, que se iniciará o día 23 coa lectura do pregón, momento no que xa abriremos a carpa que estará instalada, coma sempre, na zona portuaria de Foz. Logo, a festa seguirá o sábado 24 e o domingo 25”.
Castiñeira convidou ós veciños “á celebración desta nova festa” e recordou que “durante os vindeiros días faranse as diferentes presentacións, na cidade de Lugo e incluso intentaremos facelo tamén noutras autonomías. O ano pasado fixémolo xa en Asturias e agora queremos chegar a outros sitios dende onde multitude de xente se pode achegar tamén a coñecer a nosa festa”. O alcalde aproveitou para “agradecer dende o Concello a Jesús Liste Otero que aceptase ser o pregoeiro desta próxima Festa do Berberecho de Foz”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



