Ribadeo, 7 de xaneiro de 2015. O Cine Teatro acollerá o vindeiro sábado, 10 de xaneiro, a 4ª Festa do Comercio de Acisa a partir das oito da tarde. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos repartiu 100.000 papeletas na presente campaña de Nadal. Eses boletos entrarán no sorteo de 1.500 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ao longo das próximas semanas. A 4ª Festa do Comercio estará amenizada polo grupo ribadense de percusión Calabash.
O presidente de Acisa, Roberto Ramos, sinala que “o acto principal da festa será o sorteo de 1.500 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados a Acisa”. En xogo poñeranse cinco premios das seguintes contías: 100 euros, 200 euros, 300 euros, 400 euros e 500 euros. Ramos Piñeiro explica que “para amenizar a espera para o inicio do sorteo contaremos coa actuación do grupo ribadense de percusión Calabash. Trátase dun grupo de rapaces que estudaron ou estudan na Escola de Música de Ribadeo, dirixidos por Marcos Rodríguez. Eles ofrecerannos un mini concerto coa variada selección de música que prepararon con temas de grupos tan coñecidos como Coldplay, Queen, Tequila ou Carlos Santana”.
Desde a presidencia de Acisa insisten en recordar que “o sorteo da festa do comercio é presencial, é dicir é necesario estar no interior do Cine Teatro ou nas inmediacións para achegarse ao escenario a recibir os premios. Iremos sacando número a número, esperaremos uns minutos de rigor para que os afortunados reclamen os seus premios e agardamos que aparezan eses cinco agraciados e que poidan gozar deses vales para consumir nos locais asociados a Acisa”.
“En total repartimos 100.000 papeletas. E iso fará que moita xente déase cita en Ribadeo o vindeiro sábado. Ata en anos anteriores o Cine Teatro quedouse pequeno e a xente tivo que seguir o sorteo desde a rúa”. Roberto Ramos considera que se trata do colofón e da pechadura da campaña de Nadal. É unha festa do comercio, é unha festa de todos, de clientes, de asociados e do público en xeral, unha homenaxe aos nosos clientes, que ano tras anos fan que o comercio ribadense sexa mellor, co seu consumo constante nos nosos establecementos”.
O presidente de Acisa engade que “o sorteo de 1.500 euros en vales de compra supón un tirón moi importante, porque a todos viríanos ben ese diñeiro para comprar esas cousas que queremos adquirir no período de rebaixas, que ademais será máis diñeiro porque realmente o que se compra son artigos que teñen descontos importantes. Ademais a actuación de Calabash vai estar moi ben e merece a pena escoitalos. Trátase dunha xornada festiva e despois do reparto dos premios eu animaría aos asistentes a gozar da hostalería ribadense e a aproveitar, porque teremos unha boa noite, para degustar unha boa cea, unhas tapas, que tanto se esmeran en servir os nosos locais de hostalería asociados”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



