Ribadeo, 14 de xaneiro de 2014. A Oficina Municipal de Rehabilitación do Concello ribadense tramitou en doce anos 225 expedientes para a mellora de inmobles no casco vello da vila e 37 en catro anos en Rinlo. O alcalde, Fernando Suárez Barcia, asegura que tras dous anos de espera polos convenios correspondentes “algo se empeza a mover agora” e dilles aos propietarios das vivendas incluídas nos Aris de Ribadeo e de Rinlo que poden pasar pola Oficina Municipal de Rehabilitación en busca de información a este respecto.
O rexedor sinalou que “parece que algo se empeza a mover nesta seca absoluta de proxectos e de ilusión en materia de rehabilitación que están tendo o Ministerio e a Xunta de Galicia, dado que agora e non sei se despois das críticas expresas, escritos e declaracións mediáticas, que nunca tiveron resposta directa por parte dos responsables nin da Xunta nin do Ministerio, algo se empeza a mover dentro da posibilidade de asinar novos convenios de financiamento para o Plan de Vivenda 2013-2016. Desto xeito se podería seguir rehabilitando e financiando a rehabilitación de vivendas sitas nas áreas de rehabilitación. Aquí en Ribadeo temos dúas: a do casco vello de Ribadeo dende hai máis de doce anos e a do ámbito de Rinlo dende hai uns catro anos”.
A Suárez Barcia parécelle “curioso ver coma este Plan de Vivenda 2013-2016, é agora no 2015 cando parece que se empeza a mover. Polo tanto, afortunadamente e aínda que sexa tarde, mal e arrastro, eu quero dicirlle aos veciños e aos propietarios destes núcleos de rehabilitación tanto en Ribadeo, en maior medida pola súa dimensión, coma en Rinlo, en menor medida pola súa dimensión tamén, que se queren ter máis información e están interesados en rehabilitar as súas vivendas, poden pasarse pola Oficina de Rehabilitación do Concello para ter máis información ao respecto. Queremos darlles toda a información posible da que dispoñemos a día de hoxe, que é a pouca que nos pasan dende a Xunta de Galicia e dende o Ministerio”.
O alcalde ribadense subliñou que “a día de hoxe Ribadeo leva xestionados máis de 225 expedientes de rehabilitación nestes últimos doce anos e outros 37 en Rinlo nos últimos catro anos. Coidamos e esperamos que agora, nos próximos días, haxa máis peticións para levar a cabo rehabilitacións, porque si ben é certo que somos modélicos na rehabilitación do casco vello, fundamentalmente en Ribadeo, tamén é certo que moitas veces lles esiximos aos propietarios que amañen as súas vivendas, pero logo tampouco éramos capaces, por incompetencia da Xunta e do Ministerio, de ofrecerlles as subvencións que sempre tiveron, noutros anos anteriores e a través de varios gobernos de diferente cor política, dende hai máis de doce anos e ata os últimos dous anos nos que non se moveu unha folla”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



