Burela, 29 de xaneiro de 2015. Os programas de Atención a Inmigrantes e de Educación Familiar da Concellería de Servizos Socias, Muller, Igualdade e Sanidade realizarán un acto de entrega de diplomas o vindeiro xoves, 5 de febreiro, ás 12.00 horas no salón de plenos do Concello.
Segundo explica Diana Durán “trátase dos diplomas dos cursos de esforzo de integración, alfabetización básica e xornadas sobre a prevención do absentismo escolar dirixidos ás comunidades inmigrante e xitana respectivamente e financiados polo Fondo Social Europeo”. E engadiu: “con este tipo de accións preténdese dar un paso máis para a boa integración e para a igualdade de oportunidades”.