O Durán Maquinaria Lourenzá continúa líder de grupo na Primeira División Nacional de baloncesto tras vencer ó segundo clasificado, Universidad de Salamanca, a domicilio por 53-67.
As laurentinas suman, tras disputar a primeira xornada da segunda volta, 12 vitorias e unha soa derrota.
A vindeira xornada reciben ó terceira da táboa, o Sondeos de Norte-Maristas, empatado a puntos co Universdad de Salamanca. O partido disputarase o domingo 8 de febreiro a partir das seis e media da tarde.