MONDOÑEDO .- O PP presenta unha unha iniciativa na comisión de Agricultura do Parlamento Galego para “buscarán un acordo parlamentario polo que se lle insta á Xunta de Galicia a facer efectiva a entrega das parcelas resultantes deste proceso de concentración parcelaria xunto cos títulos de propiedade correspondentes”. Asi mesmo reclama que “se corrixan as deficiencias aínda presentes nos vías e camiños de servizo así como o remate doutras obras complementarias que aínda están pendentes”. Consideran que a Xunta ten esquecido o proceso de concentración parcelaria na área norte de Mondoñedo, xa que “non só vense incapaces de corrixir as deficiencias detectadas, senón que ademais se están a botar as culpas entre as distintas administracións implicadas -Concello de Mondoñedo e Medio Rural-. Todo iso mentres os futuros propietarios observan con incredibilidade que o tempo pasa e ninguén ofrece solucións”
O PP reclama rematar a concentración parcelaria de Mondoñedo
O PP reclama rematar a concentración parcelaria de Mondoñedo
Relacionado
-
Burela celebra do 16 ao 20 de xuño a I Semana da Infancia
-
A Agrupación Socialista de Alfoz agradece todas as condolencias e mostras de cariño recibidas polo falecemento de Jorge Val
-
A Plataforma de Afectados da Residencia da 3ª Idade e Centro de Día de Foz pide a elaboración dunha nova Ordenanza Reguladora do Prezo Público