CERVO .- O Concello de Cervo colaborará coa asociación de mulleres rurais “As Espalladoras” e traballadores voluntarios de Alcoa nas tarefas de recuperación medio ambiental da canle do río Xunco. Esta iniciativa, prevista para o vindeiro 30 de setembro, é promovida dende este colectivo feminino, e enmárcase dentro do programa de coidados medioambientais do termo municipal e nos plans Acción desenvolvidos pola Fundación Alcoa.
Os traballos -que levarán adiante as integrantes das “Espalladoras”, voluntarios de Alcoa, brigada de Medio Ambiente, Grumir e persoal municipal- consistirán na recollida de todos os obxectos alleos á contorna natural do río e a súa ribeira no treito que discorre entre os lugares de Pedrouzo-Forcón e o de Areal (San Román de Vilastrofe). Ao longo deste treito os refugallos depositaranse en bolsas de lixo nun punto accesible aos servizos de limpeza municipais para darlles traslado aos puntos de depósito e tratamento.
Cabe lembrar que o Concello de Cervo xestionou o preceptivo permiso no pasado mes de decembro diante de Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, e a aprobación final foi recibida nas oficinas municipais a finais de agosto.
Segundo indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Basanta, esta actuación de fomento da cultura ambiental e do coidado de paraxes de especial riqueza natural da nosa contorna próxima ten como obxectivo contribuír á conservación da riqueza natural dos ríos da localidade mediante o labor de mantemento, retirada de obxectos das canles, e limpeza das beiras dos ríos do ámbito municipal. “Por iso, agradecemos a labor conxunta da asociación As Espalladoras e dos traballadores voluntarios de Alcoa. O Concello de Cervo non escatimará esforzos para seguir a colaborar neste tipo de accións que teñen por obxecto valorar e potenciar o noso contorno natural” indicou Basanta.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



