MONDOÑEDO .- Os populares de Mondoñedo e o Grupo Provincial do Partido Popular aseguraron nun comunicado publicado hoxe en Mondoñedo que constataron a existencia dunha clara insensibilidade e insolidariedade na Deputación Provincial de Lugo porque non se está a actuar en cuestións que afectan directamente a minusválidos ou persoas maiores coma é a accesibilidade. Afirmaron que os concellos de Mondoñedo e Lourenzá levan practicamente ano e medio agardando a que se instalen nas súas casas consistoriais senllos ascensores. Unhas actuacións que, segundo subliñaron, foron adxudicadas polo anterior equipo de Goberno na Deputación Provincial.
O PP de Mondoñedo cualifica de insolidaria a Deputación
O PP de Mondoñedo cualifica de insolidaria a Deputación
Relacionado
-
O BNG de Ribadeo propón a creación dunha sala de estudo no edificio da biblioteca municipal
-
“O impulso do noso grupo contribúe ao desbloqueo do convenio de estradas tras 18 anos de parálise”, afirma o PSdeG-PSOE de Xove
-
A vindeira semana o mercado de Foz será o venres en vez de o martes, debido ás festas do Carme