Lugo, 5 de febreiro de 2015. O responsable de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou este xoves no Pazo de San Marcos unha nova edición de ‘O Gaiteiro de Lugo’, un calendario agrícola que dende o ano 1997 edita o organismo provincial. No acto de presentación tamén participou Xoán Ramiro Cuba, responsable do Servizo de Publicacións da Deputación.
Mario Outeiro recordou que “O Gaiteiro de Lugo, é a publicación máis antiga de Galiza, nada no 1857 e vencellada ao Rexurdimento grazas ao esforzo do impresor e activista cultural Manuel Soto Freire e a colaboración doutros representantes da cultura galega como Rosalía de Castro”, destacou.
Para o delegado provincial de Cultura, “estamos ante unha das publicacións que mellor reflexa a historia do país e da nosa lingua. A pesar da súa longa historia, non sería ata 1927 cando se produciría a galeguización máis intensa desta publicación. O galego, a nosa lingua que nos caracteriza e nos diferenza como pobo, pasou de empregarse soamente nas colaboracións literarias a estar presente en case todas as seccións para, en 1936, da man de Filgueira Valverde, producirse a galeguización completa”, apuntou.
Como todos os anos, este novo número contará con ampla información sobre as lúas, feiras, santoral, refráns, adiviñas ou os períodos máis axeitados para as diferentes tarefas agrícolas, así como textos dos autores máis significativos da cultura do país. “Trátase dun almanaque definido dende os comezos como relixioso, profético, astronómico, recreativo, patriótico, popular e barato, que nesta edición recolle poemas escolmados da edición orixinal de ‘Follas Novas’, realizada por La Propaganda Literaria na Habana no ano 1980, xustamente cando se cumpren os 135 anos da publicación de Follas Novas, así como gravados que foron escollidos da revista ‘La Ilustración Gallega y Asturiana’. Trátase de facer unha homenaxe a Rosalía de Castro, presentando ademais este almanaque xusto no mes no que nace ela, cando a Área de Cultura da Deputación ten moitas actividades encol da literata máis importante da nosa literatura”, manifestou.
Ilustracións referentes á cidade de Lugo e á provincia
Xoán Ramiro Cuba sinalou que “varias das ilustracións escollidas da revista que dirixía Murguía teñen contidos relacionados coa cidade de Lugo e a provincia”, afirmou. Así mesmo, rememorou outros aspectos históricos da publicación. “Este é o número 18 que editamos dende a Deputación, xa que asumimos a súa edición no ano 1997, logo de que se suspendera a súa publicación no 1974”, recordou.
Módico prezo e tirada de 2.000 exemplares
Cuba explicou que este ano se levou a cabo unha tirada de 2.000 exemplares: “O seu prezo será de 3 euros e poderá atoparse nas librarías de Lugo e noutros puntos de Galiza”. Así mesmo, será distribuído entre asociacións e centros educativos da provincia.
Pódense realizar pedidos dirixíndose ao Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, que ten a súa sede no Pazo de San Marcos, a través do teléfono 982 260 068 ou no mail publicacions@deputacionlugo.org.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



