A Mariña, 5 de febreiro de 2015. O BNG na Mariña rexistrará iniciativas no Congreso a través da Deputada nacionalista Rosana Pérez a fin de esixir unha actuación urxente para acometer obras de rehabilitación nas estradas de competencia estatal que comunican os concellos da comarca entre eles e co exterior. A formación nacionalista sinala que circular por estas vías é hoxe un deporte de risco cos vehículos intentando salvar as múltiples fochancas e as irregularidades no asfalto. Cualifican de corredoiras intransitábeis as vías N642 – especialmente desde A Espiñeira no concello de Barreiros, no seu paso por Foz, Burela e Cervo – e a N634 desde o concello de Barreiros pasando polos concellos de Lourenzá e Mondoñedo.
A portavoz comarcal nacionalista Ana Ermida afirmou que a reparación e rehabilitación do firme das estradas de competencia estatal N642 e N634 “é xa un clamor popular, érao fai uns meses e agora moito mais”. A nacionalista cualificou a condución por estas estradas de “deporte de risco que obriga a unha condución que pon en grave perigo á poboación obrigada a salvar as múltiples fochancas e irregularidades do firme”. A situación, segundo Ermida, sófrena todas as persoas que circulan polos concellos que atravesa a N642 desde Barreiros ao Castelo en Cervo ou pola N634 desde Barreiros a Abadín por Lourenzá e Mondoñedo.
Desde o BNG mariñao lembran que o Ministerio de Fomento unicamente ten consignada unha partida económica nor orzamentos 2015 para labores de mantemento e reparación de firme en 12 kms. da N642 ao seu paso polo concello de Foz pero aínda non iniciaron as obras. Os nacionalistas consideran insuficiente esta reparación xa que as necesidades de mellora nas vías de competencia estatal tendo en conta o seu estado, deberan ser globais afectando á maioría dos tramos.
Ana Ermida Igrexas anunciou que a formación nacionalista trasladará ao Congreso a través da deputada Rosana Pérez a situación de abandono destas estradas, reclamando ao Ministerio de Fomento actuacións inmediatas nestas dúas estradas.


















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



