Santiago, 04 de febreiro de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro quixo poñer en valor o convenio de colaboración asinado o mércores entre o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e o Instituto Social da Mariña (ISM) coa fin de colaborar no intercambio de datos e no acceso mutuo aos sistemas de información médica.
O popular sinala que esta colaboración permitirá axilizar de xeito significativo o tempo que na actualidade levan realizar as distintas probas dos recoñecementos médicos de embarque marítimo e permitirá que estas sexan máis completas, o que redundará en beneficio de mariñeiros e tripulantes, isto é, dos profesionais do mar.
MANDATO PARLAMENTARIO
Balseiro salientou tamén, que o convenio asinado onte supón dar cumprimento a unha iniciativa que nas pasadas datas promoveron desde o Grupo Popular no Parlamento de Galicia, dirixida a este mesmo obxectivo.
“A Xunta e o ISM materializan este compromiso, este mandato parlamentario, dando resposta así a unha demanda profesional da que os populares fixémonos eco”, explicou o voceiro popular.
Daquela a iniciativa saíu adiante co respaldo dos deputados do PP, pero non contou co voto favorable dos grupos da oposición, que se abstiveron. Esta actitude de PSOE, AGE e BNG xerou certa sorpresa entre o sector, tras constatar que non eran sensibles á realidade dos profesionais do mar. Balseiro indicou que este actuar torpe dos grupos da oposición non é a primeira vez que acontece, pola “obsesión enfermiza de non coincidir co PP, aínda que sexa sumando forzas para impulsar iniciativas obxectivamente positivas”.
O voceiro do Mar dos populares galegos concluíu confirmando o compromiso do Grupo Popular para seguir traballando en defensa dos profesionais do mundo do mar e das súas reivindicacións, “esforzámonos por traer ao Parlamento e facer realidade desde o Goberno iniciativas dirixidas a mellorar as cousas”.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



