A Fundación TIC, dependente da Deputación, vén de poñer en marcha Engurras Tic, un novo programa destinado aos maiores da provincia para promover un envellecemento activo, neste caso, a través dun obradoiro-concurso de fotografía.
A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada polo Director de Fondos Europeos, Pablo Rivera, inaugurou este venres no Centro de Innovación Socialesta iniciativa,“queservirá de instrumento para fomentar o uso das novas tecnoloxías e potenciar o lecer dixital saudable con diversas actividades,centradas na realización de fotografías e os seus aplicativos con dispositivos móbiles”.
Lara Méndez avanzou que Engurras Tic, que finalizará o 27 de febreiro, desprazarase a varios puntos da provincia, en concreto, aos Concellos de Ribeira de Piquín, Burela, Monforte de Lemos e Guitiriz. Segundo apuntou Méndez, “con este proxecto tamén queremos desterrarideas preconcebidas e negativas sobre a vellez, xa que os maiores poden ser igual de independentes, activos e creativos que calquera outro colectivo”.Todos os maiores de 55 anos interesados en participar, poden inscribirse na páxina http://engurrastic.fundaciontic.org, onde teñen toda a información relativa aos obradoiros, ás exposicións e aoconcurso.
Un obradoiro moi completo
Cada obradoiro contará coa participación dun mínimo de 10 persoas de cada zona. Os alumnos recibirán unha entretida e amena sesión na que se lles explicará as vantaxes do lecer saudable, a través do uso de diversos aplicativos para a realización de fotografías e edición das mesmas con dispositivos tecnolóxicos que teñen ao seu alcance, como smartphones, tablets e ordenadores portátiles.
O obradoiro tamén inclúe unha sesión fotográfica titorizada que ten por obxectivo orientar aos participantes para que conten, a través das imaxes que elixan, a súa experiencia como protagonistas do seu envellecemento activo. De novo na aula e con axuda dos monitores, serán capaces de retocar e compartir a través da aplicación de Instagramas súa obras.
Exposicións e premios
As fotografías que participen no concurso exporanse nos locais onde se celebrou cada obradoiro. O 27 de febreiro entregaranse os premios: catro smartphones de gama media-alta para os finalistas e unha tablet de última xeración para o gañador. Haberá un finalista en cada taller, que será escollido por votación do propio polo grupo. O vencedor será seleccionado por un xurado de expertos.
A Fundación TIC cos maiores da provincia
Engurras Tic está incluído na actuación “Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia”, que xestiona a Fundación TIC a través do Centro de Innovación Social InLugo no marco Innova-TE2, financiado nun 80% con fondos europeos. Outros proxectos destinado aos maiores que están en marcha son Sempre en activo,Memoria Dixital Tic-Tac e a programación de cursos que imparte no InLugo.
























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



