Ribadeo, 11 de febreiro de 2015. A comisión organizadora do Entroido de Ribadeo estrea este xoves, 12 de febreiro, un concurso nas redes sociais para elixir aos mellores disfraces que percorrerán as rúas e establecementos ribadenses ata o 18 de febreiro. Con esta iniciativa a nova comisión pretende converter o Entroido ribadense nunha actividade moito máis dinámica e interactiva, na que as redes sociais teñan unha forte presenza. Os ribadenses poderán subir as súas fotos disfrazados a través da nova APP que se acaba de crear no Facebook oficial Entroido Ribadeo: https://www.facebook.com/entroidoribadeo. As instantáneas participantes concursarán en catro categorías (mellor disfrace individual, mellor disfrace en parella, mellor disfrace en grupo e mellor local/profesional/camareir@ caracterizad@) e someteranse aos votos dos visitantes virtuais. Os premios aos máis votados entregaranse o sábado, 21 de febreiro, antes da Queima do Entroido, diante da Casa do Concello ribadense.
Ademais, dende primeira hora do vindeiro luns, a comisión lanzará outra nova APP en Facebook para participar na elección dos gañadores do concurso @s m@is larpeir@s. As votacións estarán só abertas ata o mércores 18 e no concurso poderán participar todas aquelas persoas que, soas ou en compañía, aparezan nas súas fotografías comendo un cocido e celebrando o Entroido nun dos establecementos hostaleiros ribadenses adheridos a esta iniciativa. Os gañadores levarán unha cesta de produtos de Entroido doada polo supermercado Gadis, ademais de 75 euros en metálico aportados por Grupo Pasillo. Os que se animen a degustar este cocido ribadense, poderán facelo o luns 16, nun total de 21 establecementos hostaleiros entre os que están: Costa Verde, La Botellería, A Villa, O Cabazo, O Voar,La Quinta Asador, O Lar de Manolo, Molino (só cea), Parador de Ribadeo, O Lar de Carmiña, Pizzbur&Cía, Portón Ribanova – Bar Ancla, A Dorada do Cantábrico,Casa Domingo, Casa Foguete, Casa Pepe – O Piano, El Huerto, Oviedo Bar 2 Rolle, San Miguel (só comida), Tmos e El Galicia.
Dende a comisión organizadora, presidida por David Martínez, agradecen a implicación dos veciños e dos restaurantes participantes e destacan a alta participación obtida por estes establecementos hostaleiros para facer posible o concurso @s m@is larpeir@s. Ademais, recordan que haberá catro grandes categorías premiadas. A primeira será a de mellor disfrace individual, que levará un vale de compra por valor de 50 euros na tenda ribadense Hola Ola!. A segunda outorgará un bono gastronómico/menú degustación para dúas persoas no Hotel Restaurante O Voar para o mellor disfrace en parella, agasallo doado por Café Bar O Cantón e Hotel Restaurante O Voar. A terceira premiará ao mellor disfrace en grupo e obsequiará aos gañadores cunha cesta de produtos de Entroido doada pola Praza de Abastos de Ribadeo. E xa na cuarta e última categoría haberá agasallos para o mellor local ribadense caracterizado, que obterá unha placa conmemorativa, e para o mellor profesional ou camareir@ caracterizad@, que levará unha medalla conmemorativa de recoñecemento.


















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistirá este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



