Lourenzá, 12 de febreiro de 2015. A asociación Conde Santo, de Lourenzá, celebrará o vindeiro día 16 o seu terceiro luns de Entroido. O evento terá lugar no recinto do Mercado Gandeiro e contará cunha temática central para os disfraces baseada nas distintas culturas e nacionalidades do mundo. Os nenos gozarán de música e xogos especiais a partir das cinco da tarde e poderán participar nunha chocolatada, organizada polo Concello, ao remate da festa infantil, que será gratuíta. Os adultos poderán acceder a outra festa, que terá lugar no mesmo recinto xa pola noite, a partir das 23 horas, cun custe de 5 euros por persoa. Nela outorgaranse premios aos mellores disfraces en catro categorías distintas: individual, parellas, grupos e o máis chistoso.
O presidente da asociación, Noé Recalde, explicou que “este é o terceiro ano que organizamos o luns de Entroido, que ten moita tradición no pobo porque se celebraba xa en anos anteriores, aínda que antes se facía na discoteca El Recreo e agora pasámolo nós ao recinto feiral. Sempre damos unha idea da temática para que a xente poida ir disfrazada e este ano o tema serán as diferentes nacionalidades e culturas do mundo. Pola tarde faremos para os nenos un pouquiño de festa, poñerémoslles música e organizaremos xogos e despois o Concello invitaraos a unha chocolatada”.
Noé Recalde engadiu que “este é xa o terceiro ano que facemos este luns de Entroido e esperamos que siga a ter o mesmo éxito de asistencia que nas edicións anteriores. Dende a asociación Conde Santo facemos varias actividades durante todo o ano e esta é unha delas coa que pretendemos sacar fondos para as festas patronais do pobo. É unha actividade que xa levamos tempo facendo e dá moi bos resultados. Pola tarde as actividades para nenos son gratuítas; e xa pola noite, e debido a que damos premios, o prezo por persoa será de 5 euros. Haberá os seguintes premios: 120 euros para grupos, 60 euros para parellas, 30 euros para individuais e 30 euros tamén para o disfrace máis chistoso. Esperamos que toda a xente se achegue a Lourenzá para gozar deste luns de Entroido connosco”.
Estes actos contan coa colaboración do Concello de Lourenzá tanto na organización da chocolatada gratuíta para os máis pequenos como na cesión do Mercado Gandeiro para celebrar tódalas actividades do luns de Entroido.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



