A Curva e Gato Pardo empataron a 2 goles no partido correspondente á décima cuarta xornada da Liga de Veteranos de Viveiro. Deste xeito, o segundo clasificado -A Curva- logra facerse cun punto no enfrontamento co líder -Gato Pardo-, ata agora invicto nesta temporada.
Mesón Lodeiro 1 – 1 Temple Bar
Cofipesca 0 – 2 Óscar Joyeros
Mesón A Fonte 5 – 3 Mesón Os Arcos
Flanagans 0 – 3 O Mesón
Juve Chavín 1 – 12 Fórum
Con estes resultados, Gato Pardo continúa a liderar a táboa con 37 puntos, 6 máis que A Curva que empata a puntos con Óscar Joyeros. Xa a máis distancia sitúanse O Mesón e O Recuncho.
E na outra cara da moeda, Mesón A Fonte e Mesón Os Arcos suman 10 puntos cada un; pero pechan a clasificación Juve Chavín con 3 e Mesón Lodeiro con 2.
Xornada 15
O Recuncho – A Curva: luns 23 de febreiro ás 20.30 horas.
Gato Pardo – Mesón A Fonte: luns 23 de febreiro ás 21.15 horas.
Mesón Os Arcos – Cofipesca: luns 23 de febreiro ás 22.00 horas.
Óscar Joyeros – Juve Chavín: xoves 26 de febreiro ás 20.30 horas.
Temple Bar – Flanagans: xoves 26 de febreiro ás 21.15 horas.
Fórum – Mesón Lodeiro: xoves 26 de febreiro ás 22.00 horas.
Descansa: O Mesón.




















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
