Burela, 18 de febreiro de 2015.- O Burela Pescados Rubén logrou o pase a semifinais da Copa Galicia tras vencer no duelo de cuartos ao Mosteiro Bembrive por 2-5. O encontro disputado na pista do conxunto pontevedrés comezou co conxunto burelés tomando a iniciativa e plasmando no marcador a súa superioridade. No minuto dez o Burela Pescados Rubén xa vencía por 0-3 con goles de Matamoros, Behroz e de novo Matamoros, esta vez desde o punto de penalti. O Bembrive apenas inquietaba ao conxunto mariñao que puido ampliar a súa renda aínda que serían os pontevedreses os que recortasen antes do descanso por mediación de Nene, minuto 19. Un minuto antes Matamoros sería expulsado por dobre amonestación.
Co 1-3 chegouse ao intermedio e na continuación o Bembrive tirou de intensidade e agresividade para intentar a sorpresa. Os laranxas frearon ben as súas acometidas e perdoaron o cuarto tanto en varias oportunidades. Na recta final o Bembrive apostou polo xogo de cinco e aproveitou un penalti cometido por Edu, expulsado ao acumular a súa segunda amarela, para reducir distancias (2-3) ao transformar Nene a pena máxima. A esperanza local esfumouse co 2-4 de Antoñito e Chano redondeou o triunfo co 2-5 final. Vitoria e clasificación para as semifinais da Copa Galicia na que o rival será o O Parrulo Ferrol da Segunda División.
Ficha técnica
Mosteiro Bembrive: Cuca, Eloy, Berni, Nene, Mario –quinteto inicial- Jacobo, Borrajo, Mario Kele, Chelito e Jhony.
Burela Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Matamoros, Antoñito, Carlitos – quinteto inicial- Chano, Miguel, Behroz, Ángel e Álex.
Goles: 0-1, m.2, Matamoros; 0-2, m.7, Behroz; 0-3, m.10, Matamoros (pen.); 1-3, m.19, Nene; 2-3, m.35, Nene (pen.); 2-4, m.39, Antoñito; 2-5, m.39, Chano.
Árbitros: González Armada, Rodríguez Fernández (Ourense). Expulsaron a Matamoros e Edu no Burela e a Chelito e Bruno no Bembrive.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
