Lugo, 18 de febreiro de 2015.- A Fundación TIC, dependente da Deputación, vén de poñer en marcha Camiña coas TIC, un novo programa destinado aos maiores da provincia que, neste caso, ten por obxectivo fomentar o uso das novas tecnoloxías como ferramenta para motivar a realización de exercicio físico. O programa arrancou este mércores no Valadouro, cunha ruta na que os participantes estiveron acompañados polo Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, e o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda.
Alfredo Llano dixo que “Camiña coas TIC forma parte da nosa aposta por favorecer, a través das novas tecnoloxías, un envellecemento activo entre os maiores de 55 anos da nosa provincia. Dentro deste obxectivo, o exercicio físico é un dos elementos básicos para axudarnos a vivir un día a día máis saudable e aumentar progresivamente a calidade de vida das persoas de máis idade”.
As novas tecnoloxías ao servizo da saúde
En Camiña coas TIC os participantes usan aplicacións en dispositivos táctiles como poden ser o compás, o podómetro, o cardiógrafo, un contador de calorías, un recordatorio de beber auga, un botón de alerta e un buscador de rutas. Tamén se empregan dispositivos cuantificadores para entender o seu funcionamento e os beneficios que aporta o propoñernos novos retos a cumprir cada día. O material será cedido polo equipo de Camiña coas TIC, ao igual que os dispositivos táctiles para aqueles que non os teñan.
Calendario das rutas e como apuntarse
Tralo Valadouro, Camiña coas TIC desprázase este xoves ás 16:00 horas a Friol. Continuará o 20 de febreiro, tamén ás catro da tarde, en Becerreá; o luns 23, ás 11:00 horas en Vilalba, e as 17:00 en Guitiriz; o martes 24 no Incio ás 10:30 horas; o 25 de febreiro ás 16:00 en Chantada e finalizará o xoves 26 en Lugo ás 11:00. Ese mesmo día terá lugar pola tarde un acto conxunto coa entrega de diplomas.
Cada obradoiro contará coa participación dun mínimo de 10 persoas maiores de cada zona, que serán guiadas por dous monitores. Toda a información relativa a Camiña coas TIC está na páxina www.fundaciontic.org
A Fundación TIC cos maiores da provincia
Camiña coas TIC está incluído na actuación “Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia”, que xestiona a Fundación TIC a través do Centro de Innovación Social InLugo no marco Innova-TE2, financiado nun 80% con fondos europeos. Con estes fondos tamén se están a realizar outros programas como Memoria Dixital Tic-Tac, Sempre en Activo e Engurras TIC.



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



