Ribadeo, 18 de febreiro de 2015.- Eu, Roberto Ramos Piñeiro, presento no día de hoxe, 18 de febreiro, a miña dimisión irrevocable como presidente de Acisa. Tomo esta decisión nun acto de responsabilidade ante Acisa e ante os seus asociados co fin de evitar que se produzan malentendidos innecesarios entre a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo e a miña nova labor, na política local.
Levo na directiva de Acisa tres anos: dous como secretario e ún como presidente. Durante este tempo leváronse a cabo moitas iniciativas das que estoy moi orgulloso como o Ribadeo Aberto, o Black Friday, a Noite Flúor, concursos de escaparates, xornadas gastronómicas… estivemos en feiras promocionando Ribadeo, o seu comercio e a súa hostalería, como en Bilbao ou en Fitur, organizamos xunto ao Concello o Ribadeo indiano, unha festa que na súa primeira edición tivo unha gran acollida e que seguirá crecendo en anos vindeiros, estivemos moi pendientes do que ocorre e ocorrerá coa praya das Catedrais…
Foron meses de moito traballo en equipo e estou seguro de que dito equipo seguirá realizando unha estupenda labor á fronte de Acisa.
Quero dar as grazas a tod@s @s persoas coas que tiven o pracer de traballar ao longo destes tres anos en Acisa e aos socios pola acollida que tiveron todas as propostas que lles plantexamos.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



