Lugo, 24 de febreiro de 2015.- O Grupo Provincial do Partido Popular asegurou este martes durante o transcurso da sesión plenaria da Deputación que “por moito que se intente facer política o que valen son os feitos e toca traballar para garantirlle aos lucenses o mellor sistema sanitario”.
Os populares recoñeceron que as declaracións da Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, non lles gustaron pero aclararon que “non van facer política coa saúde da xente, senón loitar para que se cumpran os acordos de dotación de servizos no Hula. “Non permitiremos que non se materialice algún destes compromisos da Xunta de Galicia”, aclararon.
Emenda do GPP
O Grupo Provincial do Partido Popular propúxolle á Deputación de Lugo o acordo dun texto no que quedara patente o descontento do grupo popular coas declaracións da responsable de Sanidade e no que se reflectira o compromiso de garantir os servizos de Radioterapia, Hemodinámica e Medicina Nuclear. A proposta do GPP foi desbotada polos socialistas e nacionalistas que “ só buscan a foto” no lugar “de importarlles a saúde dos lucenses”.
Neste senso, os populares lembran a “hipocrisía e falla de memoria” do bipartito na Deputación, que forman parte dos mesmos grupos políticos que gobernaron na Xunta de Galicia e que “non deixaron nin unha mínima previsión de equipamentos destes servizos en Lugo”. Pola contra, a aposta da Xunta de Galicia pola sanidade en Lugo e a súa provincia é “clara, tal e como deixan patente os investimentos realizados na provincia”. Por exemplo, o investimento dende 2009 en infraestruturas sanitarias supera os 97 millóns de euros.
Os populares lembraron que Lugo conta co mellor hospital de Galicia e, probablemente co mellor de España, “iniciado, dotado e rematado cun goberno do PP. Outros tiveron ocasión de facer o que piden e non o fixeron”.
Compromiso da Xunta de Galicia
O Grupo Provincial amosa a súa plena confianza nas garantías do Goberno galego, que está a traballar co obxectivo de dotar o Hula dos servizos requiridos.
Os populares explican que dende o mes de xaneiro do 2014 está en funcionamento a nova sala de hemodinámica no Hospital de Lugo e, neste momento, atópanse en licitación os equipos de Radioterapia e Medicina Nuclear para Lugo e o prazo para que estean en funcionamento será como máximo o previsto na nova Lei: 18 meses tras a súa entrada en vigor, “nin un mes máis”.
Así, a discriminación que o bipartito achaca a Xunta de Galicia con Lugo “é falsa”, ata o punto de que, por exemplo, Lugo conta agora cunha sala de hemodinámica, cando antes non se dispuña dela, e o funcionamento é exactamente igual que a sala de Ourense, que puxo en funcionamento o Goberno bipartito. “Se alguén discriminou Lugo foi o Goberno bipartito da Xunta, que non foi quen de dotar e abrir o novo hospital”.
Polo tanto, O Goberno da Xunta continúa a dotar a Lugo de novos medios e servizos. E nesta liña, “agora o que toca é traballar para poder dispoñer, no prazo máis breve posible, dos servizos acordados. Son necesarios feitos e realidades e non demagoxia política, e a pesar de socialistas e nacionalistas, si haberá os servizos”.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



