Bruxelas, 25 Febreiro 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, vén de remitir á Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Federica Mogherini, unha solicitude formal para a realización dunha xuntanza con representantes dos mariñeiros afectados pola negativa do Goberno de Noruega a reembolsarlles as cotizacións derivadas do seu traballo durante décadas na mariña mercante norueguesa.
A día de hoxe, o Goberno de Noruega está a lle negar o cobro das pensións cotizadas a máis de 10.000 mariñeiros galegos -12.000 en todo o Estado-, bloqueando tamén a posibilidade de recuperar as súas cotizacións malia a teren traballado legalmente e cotizado até o 45% do salario durante a súa vida laboral na mariña mercante, o que constitúe un importe total adebedado cifrado pola asociación de mariñeiros afectados Long Hope en aproximadamente 500 millóns de euros.
Lídia Senra rexistrara xa no pasado mes de xullo unha pregunta parlamentaria ao respecto da actitude de total desleixo do Goberno de Noruega, corroborando ca resposta da Comisión que este país “debería respectar as disposicións transitorias que figuran no novo Regulamento simplificado (CE) nº 883/2004”, que indica que “toda prestación que non tivera sido liquidada ou que fora suspendida a causa da nacionalidade ou da residencia da persoa interesada será, a petición desta, liquidada ou restablecida.”
Dada a falta de reacción por parte de Noruega, no mes de decembro Senra promoveu dende o Parlamento Europeo unha carta dirixida á Primeira Ministra norueguesa Erna Solberg, asinada pola eurodeputada galega e 32 eurodeputadas/os máis, na que instábaa precisamente a cumprir co citado Regulamento (CE) nº 883/2004 e lembráballe que a propia Comisión Europea especificou na súa resposta que as autoridades competentes españolas e norueguesas poden poñerse en contacto para celebrar un acordo bilateral en interese dos traballadores.
“Dende AGEe seguiremos apoiando a estas persoas e ás súas familias a través de tódolos mecanismos que poidamos activar”, sinalou a eurodeputada de AGEe, “e queremos tamén amosar publicamente o noso apoio á nova concentración que terá lugar mañá diante da embaixada norueguesa en Madrid a partir das 11.00hrs. para esixir a devolución dos impostos aportados durante anos”. A este respeito, Senra trasladou tamén hoxe dende Bruxelas “o meu máis fondo apoio e recoñecemento á loita destes mariñeiros e as súas familias, aos que agardamos que o antes posíbel lles sexa subsanada esta situación totalmente inxusta que lles está a privar do dereito a percibir as súas cotizacións”.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



