Fórum gaña por 16 goles a 4 ó Mesón Lodeiro na décimo quinta xornada da Liga de Veteranos de Viveiro 14/15.
O resto de resultados da xornada foron:
O Recuncho 0 – 3 A Curva
Gato Pardo 0 – 1 Mesón A Fonte
Low Cost Bar 3 – 3 Cofipesca
Óscar Joyeros 3 – 0 Juve Chavín
Temple Bar 1 – 4 Flanagans
Deste xeito, Gato Pardo continúa a liderar a táboa con 40 puntos; mentres que A Curva e Óscar Joyeros empatan a 34 no segundo e terceiro lugar.
Xornada 16
Óscar Joyeros – Forum: luns 2 de marzo ás 20.30 horas.
Mesón A Fonte – O Recuncho: luns 2 de marzo ás 21.15 horas.
Flanagans – Mesón Lodeiro: luns 2 de marzo ás 22.00 horas.
Cofipesca – Gato Pardo: xoves 5 de marzo ás 20.30 horas.
Juve Chavín – Low Cost Bar: xoves 5 de marzo ás 21.15 horas.
A Curva – O Mesón: xoves 5 de marzo ás 22.00 horas.
Descansa: Temple Bar.
























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
