Ribadeo, 4 de marzo de 2015.- O presidente do PP de Ribadeo e candidato á alcaldía, Jesús López Penabad, criticou este mércores o vitimismo do rexedor, Fernando Suárez, quen está continuamente queixándose de que a Xunta de Galicia dá as costas ao pobo cando a realidade é outra ben distinta.
O popular asegurou que Suárez engana aos veciños cando fala de falta de investimento da Xunta, xa que as cifras non dan marxe a ningún tipo de interpretación. Así, lembrou que o Executivo Galego aportou, nestes seis anos, 65,8 millóns de euros a Ribadeo, unha media de 11 millóns de euros ao ano, e sen embargo o goberno local tan só investiu unha media de nove millóns en cada anualidade.
Con datos na man, Jesús López Penabad fixo unha comparativa entre a inversións autonómica e a local e para iso desglosou os orzamentos municipais dende o ano 2009 ata a actualidade.
2009 Orzamento: 8. 6 millóns de euros
2010 Orzamento: 9.1millóns de euros
2011 Orzamento: 10.3 millóns euros
2012 Orzamento: 9 millóns euros
2013 Orzamento: 8 millóns euros
2014 Orzamento 9 millóns de euros
Orzamento municipal total é de 54 millóns de euros.
“Se comparamos esta cifra co investimento da Xunta (65,8 millóns), queda demostrado que a administración autonómica é que fixo un maior esforzo inversor no municipio”, explicou López Penabad. O popular engadiu, a maiores, que isto se dá “sobre todo tendo en conta que do total do orzamento municipal, non todo se dedica a investimentos, xa que gran parte vai para pagar gastos de persoal, entre eles o soldo do alcalde, mentres o 95% do orzamento da Xunta está dedicado a investimento, obras e servizos con destino concreto”.
Logo de dar conta da inversión directa da Xunta de Galicia e da local, queda demostrado que o municipio ribadense recibiu nestes seis anos máis contía económica do Goberno Galego que do municipal, polo que, o popular insta a Suárez Barcia a aparcar a demagoxia e vitimismo posto que ata o de agora non chegou, nin por asomo, a investir en Ribadeo o que investiu o Goberno de Feijoo.
Por último e con estas cifras, os populares instan ao alcalde a facer público tamén o investimento da Deputación de Lugo que “probablemente será moito menor”.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



