O II Congreso Xénero, Museos, Arte e Migración terá lugar os días 6, 7 e 8 de marzo de 2015 nas diferentes sedes da Rede Museística Provincial de Lugo. Cada un dos días corresponde a un dos bloques temáticos nos que se artella o encontro: “Xénero e Museos”, “Xénero e Arte”, e por último “Xénero e Migración” que terá lugar no Museo Provincial do Mar en San Cibrao entre as 10.00 e as 14.00 horas do domingo 8 de marzo.
Participan neste Bloque, a xerente da Rede Museística Encarna Lago, o investigador en accesibilidade social e xénero Juan García Sandoval, a coordinadora do congreso Pilar Sánchez Monje, a traballadora na Rede Museística, Silvia Fiallega, a profesora titular de Humanidades da Universidade de A Coruña, Mª Antonia Pérez Rodríguez, a antropóloga social Ángeles Carnacea Cruz, a doutora en Antropoloxía Aplicada e autora dunha premiada tese sobre o colectivo de mulleres caboverdianas en Burela Luzía Oca, a formadora e asesora en temas de xénero Iria Vázquez Silva, a artista multidisciplinar Mery País Domínguez, e as mulleres emigrantes Amal Ait Mohand, Mª del Carmen Amigorena, Alina Pena Labrada e Rocío Fernández.
O rotundo éxito acadado na anterior edición, con acreditacións e comunicacións chegadas de todas partes do Estado, o amplo seguimento a través das redes sociais, pero sobre todo polo convencemento no labor de compromiso social que a Rede museística vén desenvolvendo, impulsan a esta institución a levar a cabo este segundo congreso, no que se engade, como piar necesario, a Migración.
As características especiais deste Congreso son as seguintes:
1. Extensa rede de colaboradores. Esta segunda edición conta co patrocinio científico das tres universidades galegas, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, catro universidades estatais, Valladolid, Zaragoza, Complutense e Autónoma de Madrid máis unha internacional, Universidade de Leicester (Gran Bretaña). Ademais o comité científico complétase con ICOM España, organismo que agrupa todos os museos estatais, o Observatorio de educación patrimonial, EducaThyssen – Thyssen Bonemisza, Museo provincial de León, MUSAC, Fundación Jiménez-Arellano de Valladolid, Maritim de Barcelona, Museo Arqueológico de Cacabelos, a Red Española de Profesionales de Museología social, Observatorio da Mariña pola Igualdade, e Mujeres en las Artes Visuales (MAV) así como outras plataformas de investigación, exhibición e difusión como o Festival Miradas de Mujeres, Píkara Magazine e Isköo espazo multidisciplinar.
A extensa rede de colaboradores da Rede Museística cubre deste xeito un espectro internacional, estatal e local poñendo en valor o traballo e o compromiso desta institución coa museoloxía social
2. Novidade no Formato. Esta segunda edición busca acadar unha estrutura moito máis democrática e participativa, rachando o esquema convencional de congreso. Convoca a participación cidadá a través dunha plataforma de diálogo no que público e poñentes interaccionan no mesmo nivel. As intervencións serán moi curtas e concisas, aportando dinamismo ó Congreso, e sendo o punto de partida para o debate que será realmente o protagonista. A estrutura da mesa de diálogo incorpora a dous comunicantes seleccionados por cada un dos bloques a través dunha convocatoria aberta.
O formato elixido de comunicación é o vídeo, facilitando a colaboración de calquera persoa interesada non importa onde se atope e ampliando o alcance do propio Congreso.
3. Actas como punto de continuidade. Ao contrario ó que pasa nun congreso clásico onde as actas serven de punto de peche, nesta ocasión as conclusións, que estarán dispoñibles na rede, convidan á reflexión posterior ao encontro, permitindo a recepción de novas comunicacións que manterán vivo o debate. Este punto vén a fomentar a participación dun público activo e o carácter democrático desta cita.
Trátase do primeiro Congreso que outorga igual importancia ao debate ca intervención dos poñentes, supoñendo a mesma duración ámbalas dúas partes.
4. Experiencia única. A oportunidade de debater estas cuestións de xénero con 38 profesionais chegados de toda España, e mesmo de Europa, especialistas que traballan neste eido desde as institucións, a creación, a investigación, os movementos sociais, o asociacionismo, falando en primeira persoa, converte esta cita nunha ocasión inigualable.
Finalmente, agradecer a grande acollida dispensada, por parte de profesionais e interesados en temas de xénero, demostrada na cantidade de vídeo-comunicacións presentadas e no aluvión de inscricións recibidas que completaron o aforo en apenas dúas semanas.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



