Barreiros, 5 de marzo de 2015. A calidade da auga nas zonas de baño en Barreiros é excelente, segundo as analíticas realizadas polo Servizo Galego de Saúde. Deste xeito resposta o alcalde, Alfonso Fuente, ás críticas vertidas nas últimas horas polos partidos da oposición, dos que di que xa se atopan en campaña electoral de cara ás vindeiras eleccións municipais.
O rexedor dixo que “hoxe pola mañá comprobei, por si eu estaba nun erro, as analíticas que fai o Servizo Galego de Saúde das zonas de baño na auga e en Barreiros son todas excelentes. Resúltame curioso que vendo o mapa sobre o estado das augas marítimas en Barreiros son todas excelentes, e curiosamente nalgún concello gobernado polo PSOE non é así, non dan todas excelentes. Hai que predicar co exemplo antes de vir facer política ao concello de Barreiros”.
Sobre o saneamento Fuente Parga aclara que “en Barreiros é imposible que haxa 16 parroquias sen saneamento como din algúns, cando Barreiros so ten 8 parroquias: San Cosme de Barreiros, San Xusto, San Miguel, San Xulián, Celeiro de Mariñaos, Vilamartín Pequeno, Santiago de Reinante e San Pedro de Benquerencia. Desas 8 parroquias que ten o noso concello: San Cosme de Barreiros, Santiago de Reinante, San Pedro de Benquerencia e San Miguel contan con saneamento. Quedaría polo tanto pendente o saneamento en San Xusto, San Xulián, Celeiro de Mariñaos e Vilamartín Pequeno. É dicir en catro está totalmente feito o saneamento e nas outras catro xa se van iniciar os traballos para facelo, que estean tranquilos”.
Ao alcalde preocúpalle “o descoñecemento que ten do concello alguén que se presenta como candidata á alcaldía de Barreiros”.
Alfonso Fuente lembrou que “hai uns días anunciamos esa obra que licitaremos en breve dun millón de euros para mellorar o abastecemento de auga, un abastecemento que non ten problema e que está a funcionar correctamente, pero somos conscientes de que o hai que ir mellorando a súa capacidade e xa que temos ese convenio firmado cos promotores hai que aproveitalo e executar esas obras”.
E engadiu: “ademais invitaremos tamén á Xunta e á Deputación de Lugo, dada a súa disposición a colaborar coa execución de obras en Barreiros, para firmar un novo convenio de colaboración técnica e así desenvolver a outra parte do proxecto que é a do saneamento. Somos conscientes do parón que houbo aquí en Barreiros e polo tanto hai que ir facendo as obras con sentido común e non facer por facer. O que pasa é que agora nesta época na que nos atopamos onde xa se está a iniciar a campaña electoral das municipais parece que os partidos da oposición se acordan agora de deficiencias. Desde o equipo de goberno seguiremos a traballar como todos os días e buscando o mellor para as veciñas e os veciños de Barreiros”.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



