Ribadeo, 5 de marzo de 2015. O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organiza, en colaboración con 12 concellos galegos e co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), a segunda edición de TodoCosmos, unha actividade de divulgación astronómica a desenvolver durante todo o ano en Galicia. Ao acto de presentación que tivo lugar esta mañá en Compostela asistiu o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, porque Ribadeo é un concellos que participa no proxecto.
O edil nacionalista explicou que “se acaba de presentar no reitorado da Universidade de Santiago de Compostela o proxecto no que participa o Concello de Ribadeo A astronomía ao alcance de todos, que dirixe o responsable do observatorio Ramón María Aller, José Ángel Docobo. Este proxecto está financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)”.
Cupeiro dixo que “o Concello de Ribadeo agradeceu ao director o gran cariño que ten polo noso municipio, xa que nos trouxo o ano pasado a unha comisión de científicos internacionais en mecánica celeste. E este ano gozaremos dun importante número de charlas e observacións, das que iremos dando conta”.
O concelleiro de Medio Ambiente indicou que “a filosofía é acercar a ciencia ás persoas ás que doutra maneira lles sería imposible. E tamén queremos abrirlles un novo horizonte aos rapaces”. Ao longo das vindeiras semanas o Concello manterá encontros cos centros de ensino para perfilar o calendario de actividades a desenvolver.



















Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



