Ribadeo, 6 de marzo de 2015. O salón de plenos da Casa do Concello ribadense acolleu hoxe unha recepción por parte do alcalde, Fernando Suárez Barcia, ao veciño de Vilaframil Iván Lindín Rodil, como recoñecemento aos seus méritos deportivos, xa que foi campión de España de tiro olímpico na modalidade de carabina de aire en decembro de 2014 e subcampión en febreiro deste ano 2015. Iván Lindín estivo acompañado no acto por varios familiares e tamén asistiu o técnico de Deportes do Concello de Ribadeo, Iván López Rodríguez.
O rexedor municipal explicou que a recepción celebrada este mediodía foi “un sinxelo, pero emotivo ao mesmo tempo, acto de recoñecemento á actividade deportiva deste ribadense que está levando o nome da súa parroquia e do seu concello polo Estado adiante e esperamos que dentro de pouco sexa polo mundo adiante. Ribadeo é un sitio onde temos moitos deportes e un deporte base que cada vez está indo a máis, pero ata agora non tiña grandes estrelas internacionais, pero a partir de agora polo menos a nivel estatal empezamos a despuntar; e un bo exemplo témolo en Iván por dobre motivo: pola súa puntería e polo seu traballo durante todo este tempo, pero tamén porque compite dunha maneira un pouco máis limitada xa que ten unha discapacidade que fai máis meritorio aínda as cotas a onde está chegando”.
Fernando Suárez engadiu que Iván Lindín “no 2014 quedou campión de España en tiro en pé con carabina de aire e sexto en tiro deitado; e no campionato de España deste ano 2015, que se disputou en Madrid en febreiro, clasificouse segundo en tiro en pé con carabina de aire e quinto en tiro tombado. Ademais, e por iso dicía o da progresión meteórica internacional de Iván, a mediados deste mes vai asistir a unha concentración cun grupo de alta competición en Bilbao para intentar ser seleccionado para unha das dúas próximas probas da Copa do Mundo en Alemaña ou en Polonia. Eu, como alcalde, o goberno municipal e toda a corporación desexámosche que sexas seleccionado e acudas a unha Copa do Mundo, que sería unha honra para todos os veciños e veciñas de Ribadeo por ter unha persoa que está chegando a unhas cotas importantes no mundo do deporte”.
Despois de recibir uns agasallos de mans do alcalde, Iván Lindín agradeceu este recoñecemento do Concello e comentou que “chegar a competir en Europa está aí, pero o soño é chegar a unha olimpíada. A día de hoxe non teño marcas para ir a unha olimpíada, pero quédanme 5 anos aínda para chegar a elas, polo que pode conseguirse e espero logralo”.
Ademais Iván Lindín aproveitou para reivindicar axudas: “este tipo de deportes minoritarios non soen ter ese recoñecemento que se lle dá a outros, pero ademais é caro para practicar e moi caro para competir, sobre todo polos longos desprazamentos para ir aos campionatos”.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
