Mondoñedo, 7 de marzo de 2015.- O Partido Popular de Mondoñedo anunciou este venres que a empresa adxudicataria das obras na LU-124, enlace entre a localidade e a autovía, está a comezar as primeiras actuacións nesta estrada.
Os populares explican que ata o lugar se trouxeron as sinais indicadoras de obras e material e agárdase que a próxima semana dean inicio os traballos que permitirán reforzar o firme localizado na LU-124, o que garantirá unha circulación con mellores garantías de seguridade e, en especial, agora que capta novos vehículos procedentes da A-8.
Dende o PP local lembran que as actuacións, cun importe de adxudicación de 772.763,58 euros, permitirán a rehabilitación do firme no tramo urbano, o ensanche e mellora da plataforma entre a localidade e Lindín e a adecuación da sinalización e balizamento nos 7,5 quilómetros ata o enlace coa A-8
Deste xeito, o Partido Popular de Mondoñedo quixo agradecer de novo o compromiso da Xunta de Galicia que está a darlle resposta a unha das principais demandas dos veciños e que o propio PP local solicitara en sesión plenaria.
A maiores do esforzo económico que a administración autonómica está a poñer de manifesto nun momento de recortes, os populares lembran que a Xunta de Galicia sempre manifestou o seu compromiso con Mondoñedo e coa LU-124, así, no ano 2012 o anterior conselleiro mantivo unha reunión cos veciños da parroquia do Carme para tratar a mellora desta vía. A maiores, foi un goberno popular, o de Manuel Fraga, o que redactou o primeiro proxecto de acondicionamento da estrada.




















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



