George Borrow, “Don Jorgito, el inglés”: escritor, políglota, traductor, que vendía biblias protestantes polos camiños do mundo, foi un personaxe peculiar. Autor de “A Biblia en España” acadou un grande éxito e relatou as experiencias viaxeiras pola España de 1837. Borrow entrou ese verán en Galicia, atravesando o Bierzo. Cruzado O Cebreiro, percorreo o norte galego que abandonou por Ribadeo, cara a Asturias Coñeceo os camiños dunha Galicia atrasada e incomunicada, de millón e medio de habitantes, na que teimou en levar a Biblia ata os fins da terra. Don Jorgito atopou a Lugo pequeno, cuns seis mil habitantes. A estadía durou unha semana e colleo rumbo á Coruña; foi a Betanzos, Compostela, Pontevedra, Ferrol…Viveiro, Foz, onde pernoctou, e Ribadeo…Don Jorgito descrebe as costumes, temperamento, a cultura, política e relixión das xentes e os moitos prexuizos que tiñan. Gabou a paisaxe e dixo que, sendo moita a miseria, non era culpa da terra, senon dos homes. A familia focega que o hospedou falaba o castelán pois,según lle dixeron, “non se falaba moito o galego por aquelas partes”.Conta nun artigo Victoria Fdez.Armesto que daquéla un tal señor García, notario en Pontevedra, estaba convencido de que ésta era a mellor cidade de España. Borrow coñecíao e foi ao seu despacho a venderlle unha Biblia. O notario díxolle: “eses tipos de Vigo andan dicindo que a súa cidade é mellor que a nosa e que Vigo debería ser a capital da provincia. ¿Pasaríalle polo maxín a vostede comparar Vigo con Pontevedra?”. – “Eu non lle poido contestar porque nunca estiven en Vigo, pero oín dicir ca súa bahía era a mellor do mundo”, respostou don Jorgito .– “De acordo, meu señor- asentíu enfadado o Sr. García- pero, ¿quere decirme para qué se necesita unha bahía?”. Comentou don Jorgito que non coñecera país de tan feros localismos. Se o inglés levantara a cabeza, comprobaría que, tras preto de 200 anos da súa 1ª visita, seguimos anclados no fero localismo alimentado, sobre todo, polas mentes preclaras dos políticos”progresistas”, moitas delas en estado fósil, por inanición…
Suso Fernández




















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



